O Pleno do Concello de Ferrol, celebrado o martes 27 de marzo de 2018, rexeitou os diferentes recursos que estaban interpostos contra o levantamento da suspensión da Taxa do PP de 2014 (contra o acordo plenario de data 15 de novembro de 2017 relativo ao cesamento de efectos da suspensión da taxa pola depuración de augas residuais), entre eles os 164 recursos da nosa Plataforma, xunto ao dos concelleiros do BNG e ao da concelleira e concelleiros do PSOE. Desestimaron-se os recursos de reposición, cos 5 votos de Ferrol en Común e 2 das concelleiras non adscritas que participan no grupo de goberno (María Lemos e Rosa Méndez), 6 votos en contra, os do grupo do BNG, os do PSdeG-PSOE e o da concelleira non adscrita Esther Leira e a abstención dos do grupo municipal do Partido Popular e de Ciudadanos.
No Pleno que transcorreu cunha crecente tensión interveu o noso compañeiro Alexandre Carrodeguas no nome da Plataforma.
Detalle da intervención de Alexandre.
https://youtu.be/K4nWh8Oogis
https://youtu.be/SKRp1NmpEoU
Vídeo completo da primeira sesión do pleno de final de mes, celebrado o martes 27 de marzo de 2018 que finalizou sen rematar a orde do día. Son case 4 horas e 49 minutos de duración.
https://youtu.be/n0cte8jsY7g
Nota.-
Polo de agora, na páxina oficial do Concello, non está publicada a acta do Pleno, cando estea, publicaremos o seu contido. O Pleno, chegada as 12 da noite quedou suspendido, polo que continuará, nunha segunda sesión hoxe, xoves 5 de abril, ás cinco da tarde coa seguinte orde do día.
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon