xoves, maio 10, 2018

A necesidade de aprobar os Orzamentos Municiapis de 2018 - Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego...


Despois de case tres anos, o Goberno Municipal de Jorge Suárez, foi capaz de presentar uns orzamentos municipais, a unha cidade que está sedenta dos mesmos. Ferrol leva cuns orzamentos prorrateados que o eran para 2015 e feitos por un goberno do PP, para políticas de dereitas, aínda que máis do 55% do orzamento sexa xa para custes correntes e máis do 26% para custes de persoal.

Hoxe pola mañá ás 10 está previsto un Pleno Municipal Extraordinario que leva como único punto da orde do día a "Proposta de aprobación inicial do Orzamento Xeral e Cadro de Persoal para o exercicio 2018". A semana pasada foi entregado o texto aos diferentes grupos municipais e concelleiras no adscritas, este martes abordou-se na comisión informativa de economía e facenda e os diferentes grupos presentaron emendas e propostas.

O BNG, non tardou en facer unha rolda de prensa criticando os orzamentos, mais tamén se deu presa en presentar propostas ao grupo de goberno que este aceptou na súa integridade.

O PSdeG-PSOE, tamén criticou os orzamentos e elaborou unha relación de 16 propostas, din que todas elas, foron aprobadas en diferentes Plenos.

A concelleira Esther Leira agora non adscrita, mais que formou parte do grupo de goberno até hai pouco, reserva para o Pleno as súas propostas e voto.

Isto por falar de quen co seu voto fixo que o Alcalde de Ferrol, sexa Jorge Suárez Fernández.

Os grupos municipais da dereita, Ciudadanos e Partido Popular, criticaron os orzamentos, mais non cremos que se opoñan aos mesmos cun voto negativo e pasen a exercer unha abstención crítica quedando como obstrucionistas a un investimento tan necesario para a cidade e que moitos sectores están agardando.

A posición do BNG, foi intelixente, e agardemos que o PSOE e Esther Leira, comprenda a situación e que valoren mais as necesidades urxentes da cidade tanto nos investimentos como en dotar e cubrir os obxectivos dun cadro de persoas necesitado de que se cubran a súas baixas e vacantes xa.

Non ten que importar que este necesario acordo na aprobacións dos orzamentos municipais 2018, sexa rendabilizado politicamente por un goberno non merecedor de tal acordo, mais ten que pesar máis os intereses do pobo de Ferrol e dunha cidade tan castigada por unha crise estrutural que a leva a está levando a un colapso socioeconómico de graves consecuencias que necesita un consenso sobre todo nas forzas que se din de esquerdas.

O electorado de cada quen, vai agradecer máis un acordo e consenso político que un desacordo irresponsábel, onde a abstención nas últimas eleccións municipais superaba o 43% (De 58.403 posíbeis votantes, só votaron 33.094 e se abstiveron de votar 25.309).

Agardemos que se hai cordura e acordo, este serva, para abordar os asuntos urxentes de Ferrol, como son o sistema de saneamento, Emafesa e o prezo da auga. Así como todos os servizos que están sen contrato e en especial o da recollida de lixo. Axilizar os investimentos que se aproben. E poñer as bases da remunicipalizacion, do parque público de vivendas, da rehabilitación, do plano de emprego... E comezar a negociar os moi importantes orzamentos para 2019 que vaian perfilando o modelo de cidade sustentábel e democrática.

Documentación:

Propostas o BNG aos orzamentos. | Acceder/Baixar.

Propostas do PSDEG-PSOE aos orzamentos. | Acceder/Baixar.

Info na web oficial do Concello de Ferrol, sobre a proposta inicial de orzamentos para 2018. | Ir á Web.
___


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon