MacAndrews[1] asina un contrato coa concesionaria da terminal de contedores de Ferrol hoxe en mans da corporación turca Yilport.
Despois de 7 anos desde a súa constitución Ferrol Container Terminal, millóns de euros en subvencións, incontábeis anuncios de posta en funcionamento en múltiples reportaxes en "La Voz de Galicia", escritos polo actual delegado Andrés Bellón Graña,[2] a Autoridade Portuaria anunciaba o pasado 11 de maio de 2018, o primeiro contrato conseguido pola terminal portuaria (300.000m2) que ten o monopolio concesional no Porto Exterior de Ferrol, aínda que polo de agora a multinacional do transporte non se fixo eco da nova na súa web oficial., nin na web local de Ferrol. que seguen mantendo como noticia destacada o publicado polo Diario de Ferrol, da proba que fixeron en abril do pasado ano 2017, coa chegada do Enforcer.
O antecedente da proba do Enforcer e as guindastres de Acciona
Fai pouco máis dun ano "o buque 'Enforcer' (Na foto),[3] procedente do porto de Tilbury en Reino Unido, recalou auxiliado polo remolcador Ibazábal 5 para desenvolver esta operación, na que estaba previsto o movemento de 110 contedores, mediante a descarga de 90 contenedores baleiros e a carga de 20 contedores con produtos do sector forestal, con destino a Polonia. Para realizar esta manobra, FCT emprega os seus dous guindastres de peirao tipo, así como, catro guindastres de patio tipo 'RTG' e dous 'Reach-Staker'". Todos comprados cunha subvención estatal, á multinacional Acciona que tiña esta maquinaria en desuso no Porto de Alxeciras [4] (Todo é negocio con diñeiro público).[5]
A empresa (Ferrol Container Terminal) foi constituída no local nº218 do Centro Comercial de Narón, o 14 de marzo de 2011, cun capital inicial de 3.010 euros, co obxecto social de explotación, xestión e administración de terminais portuarias de contedores e transporte de mercancías.[6] Ten toda a pinta de ser unha constitución por encargo ao administrador Vicente Díaz Prieto, único socio e administrador da empresa, para facer-se coa concesión da terminal de contedores do Porto Exterior de Ferrol. Pois Sr. Díaz Prieto só a mantivo 55 días a empresa o no seu poder. Foi comprada o 4 de maio do mesmo ano 2011 pola lusa Tcl - Terminal De Contentores De Leixoes SA, hoxe xa parte da operadora de contentores Yilport Holding INC, da corporación transnacional turka Yildirim.[7]
Constitución por encargo
Ferrol Container Terminal, a estrela do presidente da Autoridade Portuaria, foi constituída tan só dous días antes de convocar-se o concurso público, para acceder á concesión da terminal do porto exterior, ademais de ser a única empresa que se presentou. Non cremos que reunira os requisitos esixidos no prego de condicións, pois até facía uns días nin existía. Polo que non tiña nin capacidade técnica, nin solvencia económica. Foi constituída co capital mínimo que esixe a lei para a constitución dunha sociedade limitada. Ademais se engadimos que en 2004 fora a empresa ferrolán Pérez Torres, xunto á multinacional Acciona[8], a que se fixera coa concesión que nunca chegou a poñer en marcha, renunciando con posterioiridade á mesma despois de que a multinacional abandonara o proxecto, por inviábel. Ninguén quería esta terminal, logo, 7 anos máis tarde, volveron a intenta-lo, deste xeito. Só "unha semana antes de que finalizase o prazo (tres veces prorrogado) de entrega de ofertas, foi adquirida por Terminal de Contentores de Leixões", escribe nun interesante artigo Xosé Manuel Pereiro.[9]
Tren a Caneliñas
No medio unha discutida obra, a do tren a Caneliñas, cuestionada polo movemento, ecoloxista, social e veciñal e a esquerda política, ao menos o seu trazado. Aínda que hai quen cuestiona a viabilidade da obra polo seu elevado custe, sen ter garantido que vai ter un uso, xa non digamos rendíbel. Unha vez que está construída a estrada do acceso norte que impacta dun xeito brutal na zona de Mandía e Doniños.
Contrato con MacAndrews
MacAndrews, din que comezara unha liña semanal na terminal de Contentores Yilport Ferrol. Tamén que o servizo regular conectará Galicia con Reino Unido e o norte de Europa a través, supostamente, da extensa rede de portos da naviera. E que a compañía ofrecerá tamén conexión con Canarias para os cargadores galegos.
A Autoridade Portuaria cualifica o anuncio como "un novo fito no obxectivo do Porto de Ferrol de converterse nunha referencia comercial no norte peninsular. A naviera MacAndrews, un dos principais operadores no tráfico intraeuropeo de contenedores, comezará a operar cunha liña semanal na terminal de contenedores Yilport Ferrol".
Sigue informando na súa nota de prensa que "a compañía, que realizara unha escala de proba en abril de 2017 na terminal de contedores, decidiu finalmente apostar polo Porto de Ferrol coa inauguración dunha liña regular con dúas escalas semanais. Unha delas, en dirección norte, permitirá conectar Galicia co Reino Unido e o norte de Europa a través da extensa rede de portos de MacAndrews. A segunda, en dirección sur, ofrecerá aos cargadores galegos unha conexión regular con Canarias".
Palabras que xa se dixeron noutras ocasións
Valora a Autoridade Portuaria que "a posta en marcha desta nova liña de tráfico de contedores supoñerá un importante impulso económico para Galicia xa que implicará unha gran vantaxe competitiva para toda a industria da metade norte da comunidade". En palabras que xa temos escoitado máis dunha vez segue a valoración do organismo portuario, enxalzando a oportunidade económica para as comarcas, como un servizo, o que vai realizar MacAndrews, que "permitirá impulsar tanto a exportación como a importación de mercancías, mellorando notablemente os tempos de tránsito e reducindo custos do transporte terrestre".
Despois de case 18 anos desde que se comezou a construción do Porto Exterior e a 14 desde que se remataron as obras e se producía a primeira concesión da terminal á TPF, unha sociedade participada pola multinacional Acciona e a empresa ferrolán Pérez Torres, cunha seca de contedores de 14 anos, cuxo único beneficio terían que ser as diferentes penalizacións por non poñer a funcionar a concesión portuaria no tempo que establecían os pregos de condicións. Que o único que albergou foron miles de toneladas de asfaltos tóxicos procedentes de Holanda que non pagaron aranceis nun caso xudicializado e sentenciado, mais aínda sen aclarar todas as responsabilidades administrativas e penais. O que si sabemos e que eses asfaltos tóxicos foron a parar ás inmediacións do Río Baa, no polígono industrial de Vilar do Colo, á urbanización do barrio do Bertón en Ferrol (asfaltado das rúas), ... e na propia explanada do Porto Exterior. Era a empresa Manmer a que importaba desde Holanda e comercializaba na Galiza como áridos de residuos reciclados.[10] Logo tamén alberga o fracaso do biodiesel, unha situación algo paliada despois de anos de inactividade (Masol Iberia Biofuel e a de tratamento de residuos Procesoil). Un edificio con débedas millonarias sen rematar, da desaparecida Cámara de Comercio. E unha macro-nave sen apenas uso que xa tivo que ser remodelada por un valor superior aos 300.000 euros.
Unha década e media de seca de contedores
Sen recoñecer o fracaso de case unha década e media de seca de contedores, para a Autoridade Portuaria a terminal de contedores, segue sendo a estrela da infraestrutura, non podía ser menos pola cantidade de metros lineais de porto adxudicados, os subsidios concedidos e os miles de metros cadrados a súa disposición, xunto ao novo e millonario acceso que se está construíndo, para o tren, perforando os montes de Brión. Pois di que "o tráfico de contedores é a principal aposta da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para porto exterior de Ferrol. E esa aposta vese agora reforzada pola chegada da compañía MacAndrews, do grupo CMA-CGM. A naviera, unha das máis antigas de Europa, é un dos principais operadores de tráfi cos intraeuropeos por contenedor marítimo e CMA-CGM é o terceiro grupo a nivel mundial".
E remata a nota manifestando que "Yilport Ferrol é a empresa concesionaria da terminal de contenedores de Ferrol (Ferrol Container Terminal), unha das maior calado do Atlántico Europeo. Trátase dunha filial do grupo turco Yildirim Group, un xigante industrial que se atopa entre os principais operadores de contenedores a nivel mundial".[11]
Dubida razoábel
O Porto Exterior de Ferrol, foi ideado para albergar, principalmente a estación de deslastre e degasificación que se encontraba en punta Promontorio, para retirar do interior da ría unha actividade potencialmente perigosa e contaminante, mais esta actividade unha vez privatizada en 1987, pasou a Forestal del Atlántico S.A. do Grupo de Tojeiro, promotor de Reganosa, e continuou onde estaba. Por outra banda preveu-se que de construír-se a Planta de Gas, esta estaría localizada no Porto Exterior, daquela era Enagas a que pretendía a súa construción e por último facer un porto carboeiro, para trasladar o porto provisional que se acondicionou para Endesa no Porto Interior. Este foi o único proxecto que tivo continuidade até hoxe. Mais aínda que este proxecto funcionou desde un principio, o que non se fixo foi deixar de descargar carbón no Porto Interior que continuou funcionando até hai uns anos, descargando para a Central Térmica Compostilla II do Bierzo.
Moito ten que cambiar a economía das comarcas e xa non digamos as infraestruturas ferroviarias, para que a terminal de contedores, sexa algo rendíbel.
Notas.-
[1] MacAndrews forma parte do grupo de empresas CMA CGM, transnacional de transporte marítimo, opera unha flota de máis de 2.400.000 TEU. Carga mercadorías a granel, en bolsas ou en caixas de cartón en recipientes estándar, a partir de bens de medida e carga de proxecto en bastidores planos, froitas, carnes, peixes e outros produtos que requiren control nos envases de refrixeración, ... | Ir á Web.
[2] Reportaxes e artigos de Andrés Bellón en "La Voz de Galicia". | Ir á Web.
[3] Miles de referencias no buscador de Google, sobre o día que recalou o buque 'Enforcer' na terminal de FCT (Yilport) do Porto Exterior de Ferrol. | Ir á Web. | Con vídeo do feito incluído. | Ir ao Vídeo.
[4] Acciona vende os guindastres amarelos de TCA para unha nova terminal en Ferrol. | O grupo portugués Mota-Engil compra dous 'portainers' e catro 'transtainers' á antiga concesionaria da explanada do peirao de Illa Verde. A empresa espera iniciar o traslado da maquinaria en setembro. | Ir á Web.
[5] Relación de Axudas do Plan Ferrol - Resolución do 28 de novembro de 2012. | Acceder/Baixar.
[6] Compra/venda de FCT. | 191946 - FERROL CONTAINER TERMINAL SL(R.M. A CORUÑA). Sociedad unipersonal. Cambio de identidad del socio único: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Ceses/Dimisiones. Adm. Unico: DIAZ PRIETO VICENTE. Nombramientos. Adm. Mancom.: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA; FRADE SOBRAL PIMENTEL EDUARDO JOAO; DO SEMEIRO DE MOUTINHO NEVES PAULO MANUEL; DO VALE MOIA AFONSO JORGE LUIS; URBANO GOMES MANUEL. Modificaciones estatutarias. Cambio del Organo de Administración: Administrador único a Administradores mancomunados. Datos registrales. T 3411 , F 221, S 8, H C 47248, I/A 2 (18.04.11) . | BOLETÍN OFICIAL DEL REGISTRO MERCANTIL Núm. 84 Miércoles 4 de mayo de 2011 Pág. 22936 . | Páxina 3 - 7 páxinas formato pdf. | Acceder/Baixar. | 271550 - FERROL CONTAINER TERMINAL, S.A.(R.M. A CORUÑA). Ceses/Dimisiones. Consejero: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA. Presidente: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA. Cons.Del.Man: MARTINS DE CASTRO FEIJO LOPO MARIA. Secretario: URBANO GOMES MANUEL. Nombramientos. Consejero: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Presidente: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Cons.Del.Man: TCL - TERMINAL DE CONTENTORES DE LEIXOES SA. Secretario: VAZ MARECOS DIOGO. Datos registrales. T 3430 , F 159, S 8, H C 47248, I/A 12 (22.06.17). | BOLETÍN OFICIAL DEL REGISTRO MERCANTIL Núm. 123. Viernes 30 de junio de 2017. Pág. 29283 | Páxina 5 - 7 paxinas formato pdf. | Acceder/Baixar.
[8] A multinacional Acciona, tamén foi a concesionaria para construción do Porto Exterior que se comezaran as obras mesmo día no que estrellaron os avión contra as torres xemelgas de Nova York, o 11 de setembro de 2001. | Ir á Web.
[9] Artigo de Xosé Manuel Pereiro. | O longo baleiro dos contedores. | O porto exterior de Ferrol confía o seu futuro a unha empresa constituída dous días antes de convocarse o concurso público e vendida logo a unha firma portuguesa. | El País - 26 de setembro de 2011. | Ir á Web.
[10] Nomes como o que fora deputado do Partido Popular no Parlamento de Galicia, Javier Escribano; o contratista Fermín Duarte Rodríguez; Holding Transmediterránea de Construcción; Manmer; Eerland Certification BV; Caso Arenas; Transmediterránea de Construcción; Asociación Gallega de Áridos (AGA)... Nomes que aparecen no artigo "A Europol investiga a fraude dos áridos tóxicos do 'caso Area'. O xuíz reclama á policía europea que rastrexe a procedencia do produto", de Lorena Bustabad, publicado en El País, o 10 de novembro de 2011. | Ir á Web. | "A empresa que vende áridos tóxicos defende que son legais. Manmer admite que o seu aglomerado pode ser contaminante". | 4 de febreiro de 2010. | Ir áWeb. | E no de Carmela López en "La Voz de Galicia" o 3 de outubro de 2017. | "O empresario de Pontedeume que importou áridos tóxicos acaba condenado a seis meses de prisión. O delito descuberto en Ferrol derivou na dimisión dun deputado do PP no 2011". | Ir á Web. | O maxistrado Alejandro Morán Llordén, a cargo nesa época do Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol, foi quen dirixiu as investigacións do sumario.
[11] MacAndrews comezara unha liña semanal na terminal de Contentores Yilport Ferrol. | Autoridade Portuaria - 11 de maio, 2018. | Ir á web.
Documentación.
Plan de Emerxencia Exterior Cabo Prioriño. | 109 páxinas en formato pdf - Outubro 2016. | Acceder/Baixar.
Memoria Anual da Autoridade Portuaria 2016. | Baixar.
Info baseada na enviada por:
apfsc - Autoridad Portuaria de Ferrol - San Cibrao
apfscy@apfsc.es
11 de maio de 2018 15:26
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon