A redución e redistribución de escanos como resultado do BREXIT non reforzará o papel do PE. | O Parlamento Europeo aprobou hoxe en sesión plenaria a proposta do Consello de reducir de 751 a 705 o número de deputadas a partir de 2019. | Senra lamenta que o Consello desperdiciara esta oportunidade para facer unha fonda reforma que dotase ao PE de iniciativa lexislativa.
No marco da sesión plenaria que está a ter lugar durante esta semana en Estrasburgo (Francia), o Parlamento Europeo (PE) vén de aprobar unha recomendación sobre o proxecto de decisión do Consello Europeo que fixa posición ao respecto da composición da Eurocámara para o periodo 2019-2024, marcado pola previsión de conclusión do BREXIT. Esta proposta ten como plantexamento central a redución do número total de escanos, que pasarían de 751 a 705.
A eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, votou hoxe en contra desta modificación ao considerar que limitar o número total de representantes da cidadanía no Parlamento Europeo implica “un recorte máis na capacidade de acción das deputadas e deputados que dificulta o traballo dos grupos políticos non maioritarios”.
“Un Parlamento Europeo reducido, ou con limitacións da súa capacidade de iniciativa, non corrixirá o actual déficit democrático nin o distanciamento das clases populares con respecto á acción política europea”, subliñou.
Senra avoga polo establecemento dun número de representantes “axeitado”, que viría dado pola aplicación de “sistemas electorais proporcionais e sen limiares mínimos para acceder ao reparto de escanos”. Deste xeito, argumenta, avanzaríase na consolidación de cámaras “verdadeiramente representativas da poboación e que non creen nesgos que favorezan somentes aos partidos políticos e grupos maioritarios".
Estrasburgo, 13 de xuño de 2018.
Oficina de Lídia Senra
Eurodeputada Galega
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/
Twitter. | Facebook.
Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
13 de junho de 2018 16:36
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon