FOTOS : PARQUE CARMELO TEIXEIRO E MARCHA A PÉ FERROL-MUGARDOS 2018
Esta tarde, nun sinxelo acto organizado polo Concello de Ferrol, a A.C. Fuco Buxán, a A.VV. “Ruíz de Cortazar” de Caranza e o Comité Cidadán de Emerxencia, colocouse a Placa que da o Nome de Carmelo Teixeiro, ao Parque situado a carón da Ermida de Caranza, dando cumprimento ao Acordo Plenario, por unanimidade da Corporación, en 2009.
O Acto foi arroupado pola cidadanía e estiveron presentes o Alcalde, Concelleiras e Concelleiros de FeC. PSdG-PSOE e BNG, e representantes de diversas Entidades e Asociacións.
A continuación iniciouse a XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, coa que o CCE quere poñer de manifestó a fraude, a ilegalidade e o perigo permanente da Planta de Gas de REGANOSA, rematando, acompañados da choiva permanente, na A.VV. “O Cruceiro” de Mehá, donde houbo un espazo de reflexión, poesía e confraternización.
O CCE agradece a participación de todas e todos, e seguirá traballando na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida.
PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !
ÁLBUM FOTOGRÁFICO | ACCEDER/BAIXAR
--
Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de junho de 2018 22:04
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon