Cosumou-se a terceira fase da fraude, a primeira foi cando o goberno do Alcalde Jorge Suárez decidiu non derogar a Taxa en setembro de 2015 e pasar a inacción sen levar a cabo os compromisos acordados e anunciados en Agosto de 2015 (auditar a EMAFESA, acudir á fiscalía, derogar a taxa, devolver os 800.000 euros cobrados irregularmente por Emafesa, entregar a depuradora á Xunta de Galicia -Augas de Galicia, denunciar os incumprimentos e as irregularidades e rescatar o servizo para facer EMAFESA 100% pública). A segunda fase da fraude foi, cando en abril de 2017 coa aprobación no Pleno, cos votos de Ferrol en Común e Partido Popular, do Convenio para a encomenda de xestión con Augas de Galicia e esta terceira fase consume a fraude ao aprobar o Pleno as contas e xestión de Emafesa.
Non é que o Alcalde Jorge Suárez e o seu goberno de Ferrol en Común, non tiveran o apoio político e social maioritario, para levar a cabo as políticas do seu programa electoral e de goberno, ou mesmo o aprobado nos plenos do verán de 2015, como se quere vitimizar, senón todo o contrario, aínda tendo o apoio político e social maioritario, este non quixo iniciar un proceso de transformación e cambio prometido e necesario para esta cidade, e deitou pola borda a oportunidade que se abría ao chegar ao poder local en maio de 2015. Facendo todo o contrario do que presuntamente tiña o mandato de facer.
Desde a Plataforma, anunciar que continuaremos na loita polo cambio e a transformación das políticas municipais no camiño do ben común e da substentabilidade, por unha cidade ao servizo das persoas e da defensa do medio ambiente, onde a institución municipal cumpra a súa función do bo goberno, da participación e da transparencia.
En Ferrol, a 26 de Xullo de 2018
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces
remunicipalizacion.plataforma@
https://plataformaferrol.blogspot.com
---
O Pleno nos medios:
2018.07.27 - Auga | Suárez e PP se alían para aprobar as contas de Emafesa de 2014 e 2015. | A oposición tomba o balance correspondente ao ano 2016 que considera inflado. | CHEMA CURRAL ferrol / la voz 27/07/2018 05:00 h. | «Fraude». Ese foi a mensaxe que lanzaron os integrantes da Plataforma de remunicipalización dúas servizos públicos mentres o pleno votaba onte as contas da empresa mixta de augas (Emafesa) correspondente aos anos 2014, 2015 e 2016. Cumpríronse as previsións. E o PP facilitou ao goberno de Suárez a aprobación dos balances dos dous primeiros exercicios -etapa na que eles ostentaron a alcaldía - mentres que as do ano 2016 cosecharon un rotundo rexeitamento. | Ir á Web.
2018.07.27 - Auga | Diario de Ferrol. | O Concello dá por válidas as contas de Emafesa referidas a 2014 e 2015. | Como era de esperar, un dos puntos máis polémicos na orde do día do pleno celebrado onte no Concello de Ferrol foi o referido á aprobación das contas de Emafesa dos anos 2014, 2015 e 2016. Debatéronse conxuntamente, aínda que se someteron a votación de forma independente. | Redacción - Ferrol 27 de Julio de 2018 (01:20 h.. | Ir á Web.
2018.07.27 - Auga | Galicia Ártabra Digital. |O pleno do Concello de Ferrol aproba as contas de Emafesa de 2014 e 2015. | 26 xullo, 2018 | Alegría a medias para o goberno de Ferrol liderado por Jorge Suárez, tras lograr sacar adiante no pleno ordinario celebrado na xornada do xoves, as contas da empresa mixta de augas Emafesa dos anos 2014 e 2015, pero en cambio non contou co apoio do PP para a aprobación das contas de 2016. | Ir á Web.
2018.07.27 - Auga | O pleno de Ferrol aproba as contas de Emafesa de 2014 e 2015, pero non as de 2016. | FERROL360 | Xoves 26 xullo 2018 | 17:57 | O pleno do Concello de Ferrol aprobou este xoves as contas de Emafesa dos anos 2014 e 2015, pero quedáronse no tintero as de 2016. O goberno local quedouse só na votación a favor das contas dese ano que acumulan 2,3 millóns de euros en perdas e desde a oposición recalcouse que están infladas en 2,6 millóns ao recoller a previsión de ingresos da taxa de saneamiento que non se fixo efectiva. | Ir á Web.
Foto de José Pardo.
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon