Por Celso Posada Fernández [*]
13.08.2018
O pasado 30 de Xullo do 2018, fixen unha pequena intervención como público no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a Moción do Grupo Municipal do BNG e pra dicir alto e claro Fascismo Nunca Máis.
Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol @s demócratas NON queremos e NON imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asasino e ditador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol @s demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade e Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo.
A ditadura franquista foi un réxime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movemento obreiro, unha ditadura de clase, criminal que implantou unha salvaxe réxime fascista no Estado Español durante 40 anos.
Este réxime veu precedido por un infame golpe de estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saído das urnas e este golpe de estado foi alentado, promovido, auspiciado e orquestrado polas elites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da igrexa católica (Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o ditador Francisco Franco pra seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase.
A ditadura torturou, asasinou, fusilou, encarcerou, represaliou, condenou ao exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres demócratas e loitadoras pola liberdade e fronte o fascismo, tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertari@s, feministas, mestres/as, sindicalistas,...
En pleno século XXI e no ano 2018 aínda hai mais de 114.000 demócratas enterrad@s vergoñentamente nas cunetas e en fosas comúns e o fascismo sigue estando impune.
Hoxe é máis necesario que nunca dignificar as vítimas do franquismo, ilegalizar a Fundación Fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crimes da ditadura pra que non queden impunes e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crimes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa ditadura como Billy el Niño, El muñecas, etc.
Tamén é fundamental a Devolución Inmediata ao Pobo Galego do Pazo de Meirás que foi un espolio e un roubo do ditador.
Dende aquí toda a miña solidariedade c@s #19deMeiras.
Na miña intervención no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática Moción do BNG, lembrei que Ferrol é unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movemento obreiro,... Ferrol é a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e ao militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galiza Moncho Reboiras Noia.
Xa por ultimo pra rematar agradecer o BNG que pensara en min pra defender a súa Moción, lembrar que pra ser Demócrata hai que ser Antifascista.
Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo .
Fascismo Nunca Máis.
[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista, Socialista, Republicano e de esquerdas. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas), na Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas (Modepen) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.
Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.
Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
13 de agosto de 2018 03:10
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon