Mesa-Info desta mañá do venres 7 de setembro, na Praza da Ilustración, onde ten localizada a sede a empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa). |
Baixo o epígrafe "INFORMACIÓN RECIBO DA AUGA (taxas - depuración-saneamento - emafesa - lecturas estimadas - ordenanzas - regulamento)", a Plataforma comezou unha campaña de información á veciñanza mediante a coilocación de Mesas Informativas polos barrios de Ferrol, ademais de recoller sinaturas para presentar un escrito cunha serie de puntos reivindicativos que se lle solicitan ao Concello.
Esta mañá do venres 7 de setembro, comezou a campaña na Praza da Ilustración, onde ten localizada a sede a empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa). A Plataforma conseguiu hoxe as 100 primeiras sinaturas e informado a un número importante de persoas que se interesaron pola acción.
Calendario da primeira volta de Mesas-Info nos barrios de Ferrol:
✅ Venres día 7 de setembro, ás 10:30hs na Praza da Ilustración, nas inmediacións de Emafesa.
✅ Luns día 10, às 10:30hs na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta de Galicia.
✅ Martes día 11, às 10:30hs no Mercado de Caranza.
✅ Mércores día 12, às 10:30hs en Canido, esquina rúa Alegre con rúa Doutor Sixto Seco (Praza da Antiga Fenya).
✅ Xoves día 13, às 17:30hs no Inferniño, na cabeceira da Praza, nas inmediacións da Travesía do inferniño.
✅ Venres día 14, às 11:00hs na Praza de Armas, diante da Casa do Concello.
O escrito dirixido ao Concello e que está a disposición da veciñanza para asinar é o que segue:
Á atención do Sr. Alcalde Presidente do Concello de Ferrol
Ás persoas abaixo asinantes, todas veciñas de Ferrol, ante a carta remitida pola empresa EMAFESA e as distintas irregularidades que se seguen cometendo en relación ao servizo de auga, depuración e saneamento,
SOLICITAN
1º Que abra un expediente administrativo á empresa mixta de augas pola mala práctica de emitir masivamente facturas por lecturas estimadas (non reais), polo consumo de auga, moi por riba do permitido na normativa en vigor, presuntamente para financiarse dun xeito irregular.
2º Que non aplique o cobro da taxa de depuración con efecto retroactivo, pois non é conforme ao aprobado no Pleno de 15 de novembro de 2017. E menos, unha taxa que se recoñece inxusta e avultada por todos os grupos municipais e os informes de EUDITA e OTIMA, que debe ser re-calculada dun xeito explicado, participado e transparente. Como tamén debe ser revisada e adaptada a taxa de saneamento aos custos reais, moito menos que os 1,8 millóns que pagamos.
3º Que se devolvan os 800.000 euros cobrados indebidamente en 2015, durante o goberno de J. M. Rey Varela, por un servizo de depuración que non se realizaba.
4º Que se realice dunha vez, a tantas veces anunciada auditoría integral sobre a xestión da empresa EMAFESA.
5º Que se devolvan as infraestruturas do sistema de depuración a Augas de Galicia, mentres non podan ser asumidas por un ente supramunicipal, onde entre o concello de Narón.
Agardando unha resposta positiva que ampare á cidadanía de Ferrol ante estes abusos, asinan este escrito en Ferrol, no mes de setembro de 2018.
(Seguen as Sinaturas).
Documentos anexos:
Modelo de impreso para recoller sinaturas. | Acceder/Baixar.
Modelo de cartaz para as convocatorias, | Acceder/Baixar.
Folla Informativa. | Acceder/Baixar.
Comparecencia da Plataforma na Solicitude de apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. | Rexistrado o 27 de xuño de 2018 | Acceder/Baixar.
--
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
#Emafesa
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon