Eliximos reitera a devolución dos cartos confiscados polo Concello no recibo do lixo.
Logo de ano e medio de que Eliximos destapase a confiscación do Concello nos recibos do lixo de 2015, e con varias decenas de solicitudes de devolución feitas por rexistro por empresas e veciños, o Concello segue a calar e facer caso omiso ao seu deber de devolver o que colleu e non lle corresponde.
A sobre-facturación é un feito recoñecido polo alcalde fóra de toda dúbida, recollido nunha resolución da alcaldía do 20 de marzo de 2017.
Xa solicitábamos por aquelas datas que a devolución fose tramitada en forma de minoración noutro dos recibos das cantidades sobrefacturadas, co fin de evitar molestias e papeleos innecesarios tanto para a veciñanza como para as oficinas do Concello ou COSMA.
No seu momento o Alcalde escusouse da inmediata devolución apoiándose nunha solicitude ao servizo de asistencia técnica a municipios da Deputación sobre o mellor procedemento a seguir para subsanar o problema. Xa parecía entón unha táctica dilatoria no tempo á espera de que o próximo ano prescriba o caso, e así foi pois a resposta da Deputación nunca chegou e sospeitamos, xa que a resposta é ben evidente, que a consulta quedou aparcada interesadamente no fondo dun caixón.
A estas datas, despois dos feitos e do tempo transcorrido, e ante a falta de resposta oficial a decenas de solicitudes de devolución, só se pode quitar unha conclusión: a confiscación está a mostrarse como un verdadeiro roubo do tripartito TEGA-BNG-PSOE aos seus veciños.
ENE propón melloras no IBI das construcións con aproveitamento solar e do sector primario, e no rural narones.
O proceso de regularización catastral, levado a cabo polo Ministerio de Facenda foi autorizado polo tripartito para o ano 2016, a pesar de que puido atrasalo un ano para darlle un ano máis de marxe aos veciños, pero lles interesaba que pagasen canto antes.
Este proceso, a pesar do pago inicial dos 60 € como sanción, estase revelando á poboación coa chegada das notificacións das novas valoracións catastrais durante o 2018 e as sancións por cobros pendentes dos catro últimos anos, afecta dun xeito moi negativo a gran parte do municipio con 3.795 regularizacións das que unhas 2125 foron ampliacións ou reformas de vivendas. Inclúe tamén bens dedicados a diversas instalacións vinculadas á actividade agropecuaria que no pasado non cotizaban, así, palleiras, galpóns, cortes e invernadoiros que anteriormente estaban exentos de tributación, a día de hoxe están incluídas polo Ministerio de Facenda como bens obrigados a contribuír á facenda local.
Na asemblea sobre o IBI que tivo lugar o 5 de setembro no local social de O Val, ante as queixas dos veciños pola afección do chamado “catastrazo”, e que tivo especial repercusión sobre o rural, o concelleiro de ENE adquiriu o compromiso de promover medidas para tratar de reducir a presión fiscal sobre dito sector.
Agora que o tripartito propuxo os cambios de as ordenanzas fiscais para o próximo ano, a vista de que non se inclúe ningunha modificación no IBI, dende Eliximos propoñemos medidas de contención dese impacto negativo do "catastrazo" de cara á súa eficacia no ano 2019, tendo en conta de sobremaneira ás explotacións agropecuarias, tanto ás que exercen unha actividade residual como aquelas que aínda actúan na plenitude das súas potencialidades. Así proponse:
• Reducir o tipo de gravame para os bens de natureza rústica do 0,65% ao 0,62%, quedando igualado co tipo dos bens inmobles de natureza urbana.
• Establecer unha bonificación do 95% da cota íntegra do imposto sobre os inmobles nos que se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias, gandeiras e forestais pertencentes ao sector primario, mentres que no caso de convivencia de varios usos, sendo un deles o agropecuario, a bonificación será do 50%.
• Engadir unha bonificación do 95% aos bens de natureza rústica rexentados por cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.
Asemade, aproveitase tamén a ocasión desta modificación para propoñer que se recolla unha bonificación para os bens inmobles nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía proveniente do sol, de forma que o Concello poña a súa pequena aportación para promover o uso de sistemas enerxéticos que axuden a frear o cambio climático e os seus efectos sobre o noso entorno e o planeta.
Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)
673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web:
http://eliximos.es/
twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron
facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
16 de outubro de 2018 09:55
17 de outubro de 2018 13:07
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon