EU Narón traballa nunha Moción para a aplicación de cláusulas sociais pola Lei de Contratación do Sector Público
O Concelleiro de EU Narón André Abeledo acompañado do Secretario de Organización de EU Roberto Villasuso reuníronse con Victor Ledo, Secretario Xeral de Industria de Galiza de CCOO eo responsable Comarcal de Construción e Servizos de CCOO Alejandro Bello para traballar na redacción dunha Moción para solicitar ao concello a aplicación de cláusulas sociais a hora de contratar as empresas.
Entendemos necesario:
✻ Establecer/definir o convenio colectivo sectorial de aplicación laboral de cada licitación.
✻ Pedir informes previos á adxudicación dun contrato.
✻ Establecer e reflexar sancións/penalidades nos pliegos para os incumprimentos de convenio, chegando á resolución do contrato nos casos.
✻ Cumprimento de convenio como condición pasa/non pasa.
✻ Definir en cada prego outras condicións de tipo social e medioambiental para valorar e puntuar (promover o emprego de persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral, en particular das persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social a través de Empresas de Inserción; eliminar as desigualdades entre o home e a muller en dito mercado, favorecendo a aplicación de medidas que fomenten a igualdade entre mulleres e homes no traballo; favorecer a maior participación da muller no mercado laboral e a conciliación do traballo e a vida familiar; combater o paro, en particular o xuvenil, o que afecta ás mulleres e o de larga duración; favorecer a formación no lugar de traballo; garantir a seguridade e a protección da saúde no lugar de traballo e medidas para previr a sinistralidade laboral).
Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón
Dende EU Narón apostamos decididamente pola creación dun espazo de confluencia de cara as eleccións Municipais.
André Abeledo indica que a unidade é unha necesidade en Narón, na Galiza, e no Estado español.
A nosa organización aposta por facer o esforzo de construír unidade popular, unha unidade baseada nun programa e nun proxecto de cidade.
O esforzo para recuperar e Municipalizar servizos básicos, a implementación de políticas sociais, a humanización da nosa cidade, deben ser o eixo dunha aposta decidida e valente polo futuro de Narón e a súa veciñanza.
Estamos convencidos de que a unidade vainos a permitir medrar e fortalecer un proxecto capaz de mudar Narón para mellor.
Nese sentido EU Narón xa comezou as reunións con ANOVA, e estamos a espera de que outras organizacións rematen os seus procesos internos para comezar os contactos. Estamos convencidos de que con xenerosidade e guiados pola responsabilidade da necesidade de traballar por mellorar a vida da cidadanía a unidade será posible.
Abeledo insiste en facer un chamamento a unidade da xente de esquerdas, das traballadoras e traballadores, a xenerosidade, ao esforzo por avanzar tendo como obxectivo traballar por construír unha cidade mellor onde vivir, pola nosa veciñanza, pola clase traballadora.
Somos unha organización que leva no seu ADN chegar a acordos que permitan avanzar, tender pontes e construír un futuro de esperanza.
GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
18 de outubro de 2018 13:12
19 de outubro de 2018 13:00
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon