venres, outubro 19, 2018

Enterro de Vicente Peña Terrassa, mariño e guerrilleiro - Álbum fotográfico da asociación Memoria Histórica Democrática e acceso a súa lembranza, escrita pola súa filla Antía que está recollida en 'Retallos da Memoria'


Este 18 de outubro de 2018, non Cemiterio Municipal de Narón, Vicente Pena Terrasa (Vicente Penya Tarrassa), Condestable da Armada e membro do Exército Guerrilleiro de Galicia, recibiu digna sepultura e homenaxe da súa familia, acompañada de numerosas persoas, Asociacións e Entidades, nun sinxelo e emotivo acto civil. Vicente Pena, “Pedro Borrás”, ao non secundar o golpe militar de xullo de 1936, pola súa lealdade republicana, sufriu prisión no “Plus Ultra”, foi obrigado a combater na mariña franquista e en 1946 ao descubrirse a súa militancia no PCE incorporouse á guerrilla, sendo abatido dous anos despois e enterrado, xunto cunha compañeira e dous compañeiros, nunha fosa común á beira do cemiterio de Páramos (Concello do Val de Dubra) sendo exhumado recentemente pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

A A.C. Memoria Histórica Democrática agradece á súa filla Antía e aos seus netos, a invitación a participar nesta cerimonia civil que pecha unha longa historia de sufrimento e inicia unha máis longa etapa de recoñecemento a quen -como él e a súa familia- dedicaron a súa vida, con enorme dignidade e sacrificio, á loita pola xustiza, a igualdade e o progreso social.

Álbum fotográfico do Acto. | Acceder/baixar.

Lembranza

A súa lembranza, escrita pola súa filla Antía, está recollida en "Retallos da Memoria" publicada pola nosa Asociación no 2007. | Acceder/Baixar.

--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica.
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol.

Enviado por:
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
19 de outubro de 2018 09:41

______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon