xoves, outubro 18, 2018

Aclárocho (o recibo da auga), ... Por Manuel Amorim - Si nas vivendas de Recimil e sindicais de San Pablo houbese un só residente, con contador activo, o importe que está pagando actualmente excede en 16,80 euros en cada factura, do que debería se houbera lecturas


Por Manuel Amorim [*]
18.10.2018


As novas facturas emitidas por Emafesa incluíndo o servizo de depuración das augas residuais e pluviais, así como parte dos atrasos correspondentes ao período 03.04.2017 a 14.11.2017, están provocando unha forte controversia entre os cidadáns de Ferrol polo seu custo "avultado", recoñecido polo Alcalde e polos consumos estimados irregulares pois non se realizaron segundo o Regulamento aplicábel en vigor.

Si engadimos ao anterior o feito de que o tempo de discusión sobre o custo da taxa de depuración e a súa cobranza, ocupou aos nosos concelleiros uns 3 anos (total para non cambiar nada do que deixara o anterior goberno municipal verdadeiro culpábel deste problema) non é de estrañar que os abonados pensen que están pagando moito máis do custo real deste servizo que o que o R.D.L. 2/2004 [1] establece.

Si consideramos que, segundo se le nos medios de comunicación, a taxa antes mencionada é a máis elevada de todas as cidades de Galicia e que o recibo "medrou" desde fai un ano case un 50% (ver estimacións máis abaixo) creo que a controversia ten fundamento. Polo anterior, conviría que os órganos reguladores e de control da LSP [2], debesen analizar xa todo esta confusión do contrato da depuración e os custos deste servizo supramunicipal da Ría de Ferrol. Algo ten que estar mal cando nin Emafesa nin o Concello de Ferrol logran que o Concello de Narón pague o servizo de Depuración que se lle está prestando desde Ferrol.

Si temos en conta que un importante número de persoas abonadas son incapaces de escudriñar na maraña de datos que incorpora dita factura é fácil entender que unha boa parte delas se sintan estafadas, pois ninguén do Concello saíu a dar a cara e explicar cada un dos euros que ten de máis a nova factura. Pola miña banda e co ánimo de dar algo de luz á veciñanza sobre os custos das facturas de EMAFESA expoño algúns exemplos que poden servir de referencia aos veciños e veciñas desorientadas. Nas estimacións non están incluídos ningún tipo de bonificación ou exención. As tarifas son as actuais e espérase que se modifiquen substancialmente e en breve, as do servizo de depuración pois sería o desexábel, legal e xusto.

CUSTO DA FACTURA actual (incluíndo atrasos) segundo o número de residentes:

1.- Abonado doméstico. Un residente. Consumo medio, 4 m3/mes e ate menos si é unha persoa maior. Total Factura 47,60 euros (cada dous meses).

Sen a taxa de depuración o custo era sobre 34,50 euros. Incremento do 38 %.

2.- Abonado doméstico. Dous residentes. Consumo medio, 8 m3/mes e ate menos.

Total Factura 58,40 euros (cada dous meses).

Sen a taxa de depuración o custo era sobre 40,40 euros. Incremento do 45 %.

3.- Abonado doméstico. Tres residentes. Consumo medio, 12m3/mes e ate menos.

Total Factura: 70,40 euros (cada dous meses).

Sen a taxa de depuración era sobre 47,40 euros. Incremento do 49 %.

4.- Abonado das vivendas de Recimil e Sindicais de San Pablo. A estes abonados imputáronlles?, segundo a ordenanza, un consumo fixo medio aleatorio de 20 m3 cada dous meses ao carecer de contadores de de auga (ou tendo-os non se lles pasa a ler). O total da factura sería 64,40 euros (cada dous meses). Sen a taxa de depuración o custo era sobre 43,90 euros. Incremento do 47 %.

Si nas vivendas de Recimil e sindicais de San Pablo houbese un só residente, con contador activo, o importe que está pagando actualmente excede en 16,80 euros en cada factura, do que debería se houbera lecturas. Unha aclaración para os afectados que me preguntaron. Débese solucionar esta irregularidade.

A participación das Asociacións Veciñais neste asunto é fundamental pois as dúbidas e reclamacións deben ser xestionadas de forma colectiva e representativa. Deben esixir a súa participación en base ás leis sobre transparencia e participación cidadá, ausentes neste asunto en todo o tempo que durou o debate (3 anos).

[*] Manuel Amorim, participa na Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización.

[1] Texto consolidado do Real - Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locals. | Ir á Web do BOE.

[2] Órganos reguladores e de control da LSP.

Foto de Cesar Toimil. | 19 abril de 2018 protestando contra o recibo de Emafesa.
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon