Este luns, 8 de outubro, ás 7 da tarde, proxección de "Trileros del Agua", no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, coa colaboración da Asociación Veciñal do Ensanche 'A'. Pola mañá estaremos, desde as 10:30hs, tamén no Inferniño, coa mesa informativa que está circulando polos diferentes barrios, case diariamente, na Campaña "Barrio por Barrio", para a recollida de sinaturas e contacto coa veciñanza co obxectivo de informar e concienciar. Todo no camiño da manifestación que a Plataforma ten convocada para o xoves 18 de outubro, contra os abusos da empresa EMAFESA. Non se trata só dunha protesta, senón que demandamos actuacións concretas ao goberno municipal de Jorge Suárez, que aínda que herdou a situación da auga, saneamento e depuración do anterior goberno de José Manuel Rey Varela, son os maiores responsábeis da situación actual, non só por non estar a cumprir co prometido e o acordado en pleno, en relación á empresa EMAFESA, senón por deixar de cumprir a súa función fiscalizadora do servizo privatizado, branquear as súas contas, autorizar cobros abusivos e por períodos onde non se depuraba, permitir lecturas estimadas moi por encima do que a normativa lle autoriza e por seguir mantendo unha situación inxusta para moitos fogares das vivendas de San Pablo e Recimil.
"Trileros del Agua" de Ricardo Gamaza, é unha obra de xornalismo de investigación sobre as privatizacións da auga que se centra en diferentes cidades andaluzas da provincia de Cádiz, onde se dan as diferentes formas de xestión do servizo da auga.
"...unha ferramenta imprescindíbel coa que xerar conciencia social respecto das privatizacións de servizos públicos, máxime si, como no caso da Auga e o Saneamento, son prestados en réxime de monopolio a grandes empresas, co cal a veciñanza (usuaria) somos tomada como reféns cautivos e convertidos en clientes aos que explotar..." -Rafa Campaña.
En 2010 a ONU declarou o acceso á auga e ao saneamento como un dereito humano. Con todo, as multinacionais viron na auga urbana un novo negocio rendíbel e seguro.
É compatíbel un dereito humano cun negocio privado?
Quen e como lograron privatizar a auga?
O prestixioso xornalista Ricardo Gamaza (premio WWF de Comunicación, Premio Andalucía de Medio Ambiente, entre outros) percorre a provincia de Cádiz para coñecer o que se esconde detrás das privatizacións da auga, descubrindo que a provincia gaditana é un mapa a escala do que está sucedendo en todo o territorio do estado. Un documental que revela as tramas da privatización da auga con portas xiratorias, paraísos fiscais, enxeñería empresarial e financeira... Un documento imprescindíbel que desmonta a mentiras das empresas privadas e os políticos que as apoian. Un documentario realizado e producido por Ecoperiodismo, baixo a Licenza Creative Commons 3.0.
Outras proxeccións do documentario "Trileros del Agua".
→ O mércores 10 de outubro, ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza.
→ O sábado 13 de outubro, ás 8 e 1/2 da tarde, no local social da Fundaçom Artábria (Travesa de Batalhons, Nº 7 Esteiro).
→ O martes 16 de outubro, ás 7 da tarde, no local social da asociación veciñal San Salvador de Serantes (Fronte á Escola Universitaria Politécnica).
→ Pendente de confirmar día e hora, para a proxección nos barrios de Canido e Ferrol-Vello.
SANEAMENTO SI,
ESTAFA NON !!
Máis info no noso bloguer, facebook e twitter...
Cartaces e folleto para a manifestación do 18 de Outubro.
Info: que están na imprenta:
250 Cartaces A3 CMYK (Acceder/Baixar).
2.500 Folletos Pregados (A4 despregado) - (Acceder/Baixar).
---
Continuamos coa campaña "Barrio por Barrio", coa colocación de mesas-info, recollendo sinaturas e contactando coa veciñanza.
Documentos anexos da campaña informando á veciñanza barrio por barrio:
Modelo de impreso para recoller sinaturas. | Acceder/Baixar.
Modelo de cartaz para as convocatorias, | Acceder/Baixar.
Folla Informativa. | Acceder/Baixar.
Comparecencia da Plataforma na Solicitude de apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. | Rexistrado o 27 de xuño de 2018 | Acceder/Baixar.
--
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon