CIG-INFORMA: Mobilizacións 25 de novembro
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas por organizacións feministas do país, entre as cales está a Marcha Mundial das Mulleres (da que a nosa central sindical forma parte), o vindeiro domingo, 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, co obxecto de visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamarmos medidas efectivas e concretas para combatela. Porque como di o lema da campaña da CIG: estamos FARTAS DO ACOSO E DA VIOLENCIA MACHISTA. Por iso esiximos “#NinUnhaMáis. Nin unha soa muller máis acosada no traballo, agredida física, psicolóxica ou sexualmente, nin unha máis que sufra violencia económica, patrimonial, simbólica, obstétrica ou institucional.
Facémonos eco da necesidade de autoorganización e de autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica, mais tamén fronte á violencia económica e institucional, lema escollido pola Marcha Mundial das Mulleres da Galiza coa intención de construír alternativas para a vida e defendernos das violencias machistas que nos atravesan.
Mobilizacións do 25N:
- Vigo: 12:00 h, cruce de Vía Norte con Urzáiz (Feminismos Vigo).
- Pontevedra: 12:00h na Peregrina.
- Lugo: 12:00h, diante do concello (Plataforma Feminista Lugo).
- Ourense:
- 12:00 h. Acción de rúa (Praza Maior).
- 19:00 h. Obradoiro de pasamontañas (Subdelegación Goberno).
- 20:30 h. Manifestación (saída Subdelegación Goberno).
- A Coruña: Manifestación 20:00 h, desde o Obelisco (Feminismos A Coruña).
- Ferrolterra: 19:00 h Manifestación desde praza da Gándara. Narón.
- Compostela: 12:00 h, desde a Praza 8 de Marzo (Feminismos Compostela). Día 26 de novembro: 19:00 h. Casa de Xohana Torres. Palestra-café con Paz Filgueira, xuíza de Familia.
- A Estrada: 11:30 h concentración diante do concello.
- As Pontes: 11:30 h Concentración na Praza do Hospital.
#FeminismoparaVivir
#NinUnhaMáis
#NinUnhaMenos
https://www.cig.gal/
Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-nonresposta@cig.gal-
22 de novembro de 2018 20:00
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon