O Pleno do Concello de Narón contra a violencia machista |
NIN VIOLENCIA MACHISTA NIN VIOLENCIA PATRIARCAL. EU NARÓN
A violencia contra as mulleres converteuse nun problema estrutural que se dirixe cara as mulleres co obxecto de manter ou incrementar a súa subordinación ao xénero masculino.
Trátase dun problema social tanto no fogar como no público, de forma física, sexual, psicolóxica, económica, cultural...
Dende Esquerda Unida de Narón sumámonos ao grito de “Nin Unha Menos”este 25 de novembro do 2018. Como todos os anos por esta data chamábavos a atención para dicir nin unha menos Basta xa, nin unha asasinada máis, nin unha violada, acosada, discriminada, invisibilizada ou marxinada por etnia...
Este ano indignante para as mulleres polos casos Juana Rivas, a Manada,o aumento de casos de violación en grupo e a mala xestión do poder xudicial.
Tamén estamos vendo unha gran resposta social do movemento feminista en tódolos seus aspectos e que está a redefinir o sentido común da nosa sociedade.
Debemos ter presente a enorme importancia do feminismo nun momento no que temos que dar unha dura batalla contra o neoliberalismo, o autoritarismo,
a intolerancia e o fascismo, que avanzan internacionalmente.
Loitemos dende o feminismo todas xuntas para unha sociedade xusta, libre de violencias e radicalmente democrática.
Por todo iso, dende Esquerda Unida de Narón esiximos de xeito urxente:
- O cumprimento da LEI 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Que aumente o orzamento destinado a políticas de igualdade.
- Que se poña en marcha o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
- Que as campañas promovidas dende as distintas administracións para a violencia de xénero teñan unha perspectiva feminista e se ensine educación afectivo-sexual e contra a discriminación e violencia de xénero.
- Que se desenvolvan plans de formación e sensibilización contra a violencia de xénero de obrigado cumprimento ao persoal ao servicio das administracións.
- Demandamos unha xestión pública directa da rede de servizos de violencia de xénero.
AREA DA MULLER DE EU NARÓN
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de novembro de 2018 17:49
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon