En Ferrol, "Cacerolada" ao Supremo e contra os abusos bancarios, pola mañá deste venres 9 de novembro, ás 11:30hs diante dos Xulgados. | Mobilización en cidades e vilas da Galiza e do resto do territorio do Estado.
Protesta en Ferrol, convocada pola PAH de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, contra o sucedido na Sala Terceira do Tribunal Supremo, non só polo acordo tomado en relación do imposto das hipotecas, senón polo como se chega a esa resolución a todas luces unha interferencia da banca na decisión tomada que se suma a toda unha chea de acumulación de decisión en sintonía cos intereses da banca do IBEX35.
A PAH loitará porque haxa xustiza contra esta sentenza vergonzosa do Tribunal Supremo. | 15 marionetas obedecendo á banca no tribunal Supremo.
A Sala do contencioso do Tribunal Supremo perpetrou un novo golpe á cidadanía deste país, no seu permanente parcialidade, dependencia e submisión aos poderes económicos. O presidente da Sala, decidiu, nunha acción sen precedentes, a suspensión de todos os procedementos xa en trámite, e a convocatoria da reunión que onte concluíu cunha flagrante violación da xurisprudencia do TXUE en relación coas cláusulas abusivas.
Logo de 2 semanas de intensa presión mediática da banca no seu favor, lograron que xuíces servís aos seus intereses, volteen unha xurisprudencia xusta e acorde coa europea, nacida da Sección II.
Esta decisión vén confirmar a impunidade que os máximos xuíces deste país outorgan ás entidades financeiras. Non esquecemos a súa sentenza sobre as cláusulas chan, a súa consulta ao TXUE sobre o vencemento anticipado ou os intereses de demora, sempre para beneficiar á banca e contra os intereses da cidadanía. Non o esquecemos.
Tampouco esquecemos como viñeron ignorando sistematicamente os máis de 700.000 desafiuzamentos, nin como miraron a outro lado cando sentenza tras sentenza do TXUE ían chegando dereitos aos hipotecados, eles non fixeron o menor esforzo para revisar as nosas inxustas leis.
Sempre dixemos que todos os poderes do Estado estiveron ao servizo da banca. O político, mantendo unha lexislación de xeito evidente inxusta, e en moitos aspectos ilegal, segundo sentenciou en case 20 ocasións o TXUE. O xudicial, salvo moi honrosas e escasas excepcións, aplicando rutineiramente esa lexislación que expulsa á xente das súas casas e déixalles débedas impagábeis e para sempre, e ditando sentenzas como esta, fóra de toda lóxica xurídica e oposta á doutrina do TXUE. E por suposto, o aparello represor que nos empuxa, golpea ou multa coa lei mordaza. Todos eles, traballando para garantir a impunidade financeira.
Pero por si aos banqueiros non lles basta, no Congreso estase tramitando a lei de crédito inmobiliario, elaborada polo banqueiro De Guindos e orientada á protección aínda maior da banca fronte á xente, moderando cláusulas abusivas e intentando reactivar os miles e miles de procedementos suspendidos pola acción do Supremo ante o TXUE sobre o vencemento anticipado; hai un grave perigo de que tamén se carguen a protección a debedores hipotecarios, a dación en pago e impoñan a responsabilidade ilimitada, a cesión de crédito/titulización e intereses de demora altos. E PP, Cs e PSOE queren aprobar ese proxecto, mentres PP e Cs están bloqueando a Lei de Vivenda da PAH mediante a petición de prórrogas do prazo de emendas.
Parece que a ninguén lle importen os máis de 33.000 desafiuzamentos do primeiro semestre deste ano, nin os prezos dos alugueiros, ou os prezos de compra de vivendas, nin a violación dos Dereitos Humanos en materia de vivenda que non cesa de denunciar o Comité de dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU. Queren reactivar as execucións hipotecarias para que haxa máis desafiuzamentos e podamos ata superar as cifras dos peores anos da crise.
Por iso a PAH lanzamo-nos á mobilizacións que comezarán nos territorios con caceroladas ante os xulgados, cando o decidan os diferentes territorios e o sábado ás 18 horas en Madrid ante o Supremo.
A BANCA MANDA, A XUSTIZA OBEDECE!
PODE-SE !!
Pedro Sánchez quédase curto
En relación co anuncio feito por Pedro Sánchez trala sentenza do Supremo de onte, sobre o real decreto que pensa aprobar mañá o Goberno, para que o imposto de actos xurídicos documentados o pague a banca en diante, desde a PAH consideramos que:
1º É unha medida que intenta salvagardar a decisión do Supremo, no sentido de liberar á banca da retroactividade e da obrigación de devolver ás familias as cantidades indebidamente pagas por estas, establecendo que en diante sexan os bancos quen o fagan, que xa atoparán a fórmula de cobrárnolo.
2º É unha medida insuficiente á hora de protexer aos debedores hipotecarios. Recórdanos a aquela outra sentenza do Supremo de 2013, sobre as cláusulas chan na que intentaron liberar da retroactividade á banca, e que foi corrixida polo TXUE en 2016. Aos bancos non lles custará atopar a fórmula de cobrárnolo e o pago, pois pago está.
3º Este país o que necesita urxentemente é unha lexislación hipotecaria acorde cos estándares europeos, onde a parte claramente máis débil, estea suficientemente protexida. Para lograr isto, Pedro Sánchez ten a opción a aceptar na lei de crédito as emendas que protexen ao debeor hipotecario, como son a dación en pago, a limitación da responsabilidade ao ben hipotecado? Introducindo tamén os criterios establecidos na Directiva 93/13/UE, sobre os contratos entre profesionais e consumidores de forma que se reequilibre a radical desigualdade entre prestamistas e prestatarios, banqueiros e hipotecados, protexendo especialmente á parte máis débil, e non como até agora, en que a sentenza do Supremo é o último exemplo da desigualdade existente. Até o momento, Pedro Sánchez estase apoiando en PP e Cs para sacar adiante o proxecto do banqueiro De Guindos, e vén rexeitando emendas que van en sentido contrario.
4º Pero si como anunciou fai tempo Pedro Sánchez, o que desexa é garantir o Dereito á Vivenda, dispón dun instrumento idóneo: A Lei de Vivenda PAH, actualmente en trámite suspendido pola fraude sistemática petición de prórrogas que veñen facendo PP e Cs, demostrando que a situación de emerxencia residencial que atravesa o país non lles afecta.
Xa que logo, desde a PAH, non vemos outro camiño que o de seguir loitando, mobilizándonos, porque nada cambiou, todo presaxia que os máis de 33.000 desafiuzamentos do primeiro semestre deste ano, van ser amplamente superados no segundo. Os prezos dos alugueiros non deixan de subir. As casas baleiras seguen baleiras sen que ninguén faga nada por mobilizalas para ampliar o parque público de vivenda e dar resposta á urxencia residencial.
Por iso a PAH convocou e mantén mobilizacións en todos os territorios para este venres, e para o vindeiro sábado ante o Supremo en Madrid.
#VergonzaSuprema
--
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
--- ---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon