venres, novembro 09, 2018

Entrevista a José María Euraskin, despois de que o Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo acordara a favor da Banca no conflito sobre quen paga o Imposto da Hipoteca - Vídeo


De novo unha entrevista con José María Euraskin (Advogado de Stop Desafiuzamentos Gipuzkua), mais desta vez, despois de que o Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo acordara a favor da Banca, no conflito sobre quen paga o Imposto da Hipoteca (Actos Xurídicos Documentados). Entrevista feita, vulneración de los artículos 66.2 y 134.2 de la Constitución Española por Nerea de Cecilia e Xabier Bermúdez, no Canle Txingudi.

Como sempre, a nova entrevista foi moi didáctica, sobre a Sentenza dos Impostos da Hipoteca, que resolveu de forma insólita, despois de dúas xornadas, celebradas os pasados 5 e 6 de novembro, o Pleno da mencionada Sala Terceira (Co asistencia de 28, dos 31 maxistrad@s) a súa eficacia xurisprudencial a favor dos intereses do sector financeiro do IBEX35. Unha clara inxerencia da banca na xudicatura, amosando a falta da independencia xudicial e a faciana quebrada da democracia formal, dominada polo poder do diñeiro e a doutrina neoliberal.

Nota xurídica moi breve da sala de comunicación do Poder Xudicial:

"O Pleno da Sala III, tras dous días de deliberaciones, acordou por 15 votos a 13 desestimar os recursos suscitados e volver ao criterio segundo o cal o suxeito pasivo do Imposto de Actos Xurídicos Documentados nos préstamos hipotecarios é o prestatario. O texto das sentenzas coñecerase nos próximos días." [1]
Entrevista a José María Eurasquin, feita o 8 de novembro de 2018, co título: "Vergonza de Tribunal Supremo - Os magistrados ás ordes da Banca?"


https://youtu.be/L5wyj7BTEns

A sentenza que xa non senta xurisprudencia logo da resolución do citado Pleno: Sentenza STS n.º 1505/2018 | 50 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

[1] Nova xurídica do Gabinete de Comunicación. | Ir á Web.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/ @StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon