venres, novembro 09, 2018

IV Xornada da Asociación Galega de Saúde Mental - Contrastes - Ferrol, 16 de novembro de 2018


IV Xornada da Asociación Galega de Saúde Mental

Contrastes

Venres, 16 de Novembro de 2018
08:30 – 20:30hs.

Salón de actos do Hospital Naval de Ferrol

Organizamos estas IV Xornadas en Ferrol co obxectivo de proporcionar un espazo de encontro e reflexión que actualice os coñecementos no ámbito da Saúde Mental. Nas distintas meses se procurará o diálogo, a reflexión, a analise e a discusión de ideas. E neste contexto aberto e directo, poder compartir experiencias e presentar abordaxes innovadoras no campo da saúde mental. En concreto se plantexará:

Actualizar os coñecementos da clínica internalizante na infancia.

Afondar na ética da practica clínica no contexto da relación paciente profesional paciente.

Abordar a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da saúde mental.

Dar a coñecer a evolución da asistencia á Saúde Mental en Ferrolterra.

Incorporar ferrramentas dende as neurociencias á practica asistencial.

Dar a coñecer modelos de intervención alternativos.

Evento no Facebook. | Ir ao Evento.

Están solicitados créditos de formación continuada para as profesións sanitarias.

Non esquezades facer a inscrición en http://www.agsm-aen.org/inscripcions.php

Díptico das xornadas. Agradecemos que colaboredes na súa difusión. E non esquezades facer a inscrición en http://www.agsm-aen.org/inscripcions.php

Atentos ás normas para as comunicacións póster na xornada:

NORMAS PRESENTACIÓN POSTERS

1. Data de entrega: os resumos deberán estar na secretaría técnica do congreso antes do día 26 de outubro de 2018

2. Os resumos deberanse remitir por correo electrónico ó seguinte enderezo: xornadas@agsm-aen.org

3. A secretaría técnica notificará a recepción de tódalas comunicacións que reciba, comunicando posteriormente a decisión de admisión ou rexeitamento por parte do comité científico.

4. Admitiranse só comunicacións tipo póster.

5. Contido do resumo:

Título: en negriña e maiúsculas. Non se permite o uso de abreviaturas, e recoméndase un máximo de 120 caracteres.

Datos dos autores: Admítense un máximo de seis autores. O primeiro autor deberá estar inscrito nas Xornadas. Escribiranse os apelidos e nomes de tódolos autores.

Resumo:

- Non será superior a 250 palabras e estará estruturado cos seguintes apartados:
- Xustificación.
- Obxectivos.
- Material e Métodos/Descrición da experiencia.
- Resultados/ Conclusións.
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon