Abeledo, Concelleiro de EU Narón, reuniuse coa AAVV de San Xiao. |
Moción conxunta de EU NARÓN, TEGA, BNG e PSOE en apoio aos veciños de San Xiao
André Abeledo reuniuse cos representantes da asociación de veciños de San Xiao para amosar o seu apoio e o de EU NARÓN na súa reivindicación de que se leve acabo o proxecto do ensanche e modificación da estrada de San Xiao (DP-5401).
Naquela reunión Abeledo defendeu a necesidade de que o Pleno do Concello arroupe politicamente aos veciños coas ferramentas que temos nas nosas mans, mediante unha Moción apoiada por todos os grupos políticos do Concello esixindo a Deputación que cumpra coas súas promesas.
Os representantes da veciñanza entenden que esa unidade na defensa dos seus intereses é necesaria, e como non pode ser doutro xeito dende EU NARÓN estamos sempre dispostos a sumar forzas para defender os intereses e os dereitos das naronesas e naroneses.
14 anos de promesas incumpridas por parte da Deputación merecen unha resposta urxente, indicou Abeledo.
Xa pasaron tamén 9 anos dende a modificación do PXOM para recoller o novo trazado da estrada, é lóxico que a paciencia dos veciños téñase esgotado.
Os veciños solicitan que se proceda á elaboración e asinamento dun Convenio entre o Concello e a Deputación que teña en conta as demandas veciñais.
E solicitan a Deputación o inicio do proceso de expropiación das parcelas afectadas pola modificación do PXOM.
Ademais dende EU NARÓN damos o noso apoio as posibles mobilizacións que emprendan os veciños para conseguir ser escoitados.
Abeledo advirte que está carreteira é un perigo, sobre todo para os peóns, e que a solución a problemas onde se poñen en xogo vidas deberían ser sempre unha prioridade.
É unha carreteira sen beirarrúas, cun deficiente mantemento que ademais ao servir de acceso a un polígono ten horas de intenso tránsito de todo tipo de vehículos.
Narón, 15 de novembro de 2018
EU Narón, TEGA, BNG, PSOE, axuntan forzas para esixir a Xunta de Galicia investimentos en Narón nos orzamentos de 2019
André Abeledo denuncia que o Goberno da Xunta de Galicia fai política partidista castigando aos Concellos onde non goberna o PP.
Abeledo entende que unha e outra vez o PP castiga a Narón nos Orzamentos da Xunta de Galicia.
Os Orzamentos estan para atender as necesidades das galegas e galegos e non para facer política partidista.
Por ese motivo imos a instar a Xunta de Galicia a incluír no seu proxecto de Orzamentos para o ano 2019 os seguintes investimentos:
- Un centro integral de atención ás persoas maiores.
- Un plan de inversións en melloras nos centros de ensino públicos de Narón.
- Un Centro Integrado de Formación Profesional no que se impartan as familias profesionais que non se están a ofertar en outros centros da Comarca.
- Renovación das beirarrúas da Estrada de Cedeira (AC-566), dando solución aos problemas de paso e accesibilidade en diversos puntos do treito que abrangue o primeiro quilómetro desa entrada por ambas beiras.
Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón
Dende EU Narón apostamos decididamente pola creación dun espazo de confluencia de cara as eleccións Municipais.
André Abeledo indica que a unidade é unha necesidade en Narón, na Galiza, e no Estado español.
A nosa organización aposta por facer o esforzo de construír unidade popular, unha unidade baseada nun programa e nun proxecto de cidade.
O esforzo para recuperar e Municipalizar servizos básicos, a implementación de políticas sociais, a humanización da nosa cidade, deben ser o eixo dunha aposta decidida e valente polo futuro de Narón e a súa veciñanza.
Estamos convencidos de que a unidade vainos a permitir medrar e fortalecer un proxecto capaz de mudar Narón para mellor.
Nese sentido EU Narón xa comezou as reunións con ANOVA, e estamos a espera de que outras organizacións rematen os seus procesos internos para comezar os contactos. Estamos convencidos de que con xenerosidade e guiados pola responsabilidade da necesidade de traballar por mellorar a vida da cidadanía a unidade será posible.
Abeledo insiste en facer un chamamento a unidade da xente de esquerdas, das traballadoras e traballadores, a xenerosidade, ao esforzo por avanzar tendo como obxectivo traballar por construír unha cidade mellor onde vivir, pola nosa veciñanza, pola clase traballadora.
Somos unha organización que leva no seu ADN chegar a acordos que permitan avanzar, tender pontes e construír un futuro de esperanza.
Narón, 18 de novembro de 2018
GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
15 de novembro de 2018 11:42
18 de novembro de 2018 22:32
18 de novembro de 2018 22:34
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon