Villares gaña as primarias de En Marea
Luis Villares gañou as primarias de En Marea. O actual portavoz da organización e parlamentar obtivo máis apoio das persoas inscritas para poder votar que o rival nas urnas, David Bruzos. 'Coidando a Casa' atinxiu máis de 59,2% dos votos, 1.596 sufraxios. Son datos provisionais que están a ser auditados. Máis de 4.000 persoas estaban inscritas para participar neste proceso. A pregunta agora, unha vez coñecido o resultado, é se as costuras de En Marea resistirán ao vivido nestas semanas e o acumulado ao longo de todos estes meses: dous sectores enfrontados e que semellan irreconciliábeis, os 'villaristas' (partidarios da actual dirección e do seu portavoz) e 'críticos' (Podemos, Esquerda Unida, gran parte de Anova e as marés de cidades como Compostela ou A Coruña).
Desde partes do sector crítico, e segundo avanza a Cadena Ser, poñen estes resultados baixo sospeita e consideran que puido haber un pucheirazo. A decisión de manter a candidatura dos críticos para as primarias desta fin de semana xerou un intenso debate no seo deste sector. De feito, unha das súas ponlas, Esquerda Unida, decidiu non participar nas votacións, por entender que non se daban as garantías "democráticas" mínimas. Unha opinión que tamén era partillada por parte de Podemos. Criticaban o cesamento de tres membros do comité electoral e expresaban dúbidas sobre o cambio dom sistema para auditar as votacións.
Comisión de garantías
Nestas primarias tamén se votaba para elixir membros da comisión de garantías: Os cinco membros máis votados son da candidatura 'Coidando a casa'. Segundo consta na web de En Marea, a comisión de garantías é un órgano colexiado composto por cinco persoas elixidas democraticamente seguindo o criterio de paridade de xénero. En ningún caso actuarán de oficio, senón a instancia de parte. É o garante e o intérprete da normativa interna e dos acordos plenarios.
Este sábado constitúese o Consello das Mareas, 35 integrantes, e o comité de garantías. Será unha boa oportunidade para testar a disposición de ambas as dúas partes a acordos e a continuar no mesmo proxecto.
Fonte: Sermos Galiza | 24.12.2018 | Baixo licenza Creative Commons by-nc-nd.
Participa, Apoia Subscribe a un diario galego e na lingua propia da Galiza:
SERMOS O DIARIO GALEGO
___
Web oficial de En Marea:
https://enmarea.gal/
A nova noutros medios:
Faro de Vigo.
Primarias de En Marea: Luís Villares gana las votaciones y acentúa el ...https://www.farodevigo.es › Galicia. Luís Villares ha ganado las primarias de En Marea con un 59, En Marea cierra, a las 9,00 horas de este lunes, día de Nochebuena, el proceso interno para ...
Praza Pública.
A candidatura de Villares gaña as eleccións de En Marea co 59% dos ...
praza.gal/.../a-candidatura-de-villares-gana-as-eleccions-de-en-marea-co-59-dos-votos. A candidatura Coidando a casa foi a máis votada nas eleccións internas de En Marea. Segundo os resultados provisionais divulgados este 24 de decembro, ...
CRTVG.
Luís Villares gaña as primarias de En Marea e imponse a Bruzos co ...
www.crtvg.es/informativos/luis-villares-gana-as-primarias-de-en-marea. Luís Villares, actual voceiro de En Marea, revalida o seu liderado no partido coa vitoria nas primarias celebradas esta fin de semana. Imponse á candidatura de
La Voz de Galicia.
Los resultados provisionales de las primarias de En Marea dan la victoria a Villares. Su candidatura podría haber obtenido el 60 % de los votos. El sector crítico habla ya de «pucherazo»
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon