luns, xaneiro 21, 2019

André Abeledo pide ao Pleno a reprobación do ex-ministro Pedro Morenés ante a parálise dos contratos das fragatas 110 - O concelleiro fai fincapé no dano que a unha Comarca como a de Ferrolterra fixo a actuación do ex ministro do PP, tamén a Narón posto que nos nosos polígonos afincanse empresas dedicadas ao sector naval e vinculadas a NAVANTIA


ABELEDO PIDE AO PLENO A REPROBACIÓN DO EX MINISTRO PEDRO MORENÉS POLO ADIAMENTO E PARÁLISE DOS CONTRATOS DAS FRAGATAS F-110 PARA OS ESTALEIROS DE NAVANTIA


André Abeledo fai fincapé no dano que a unha Comarca como a de Ferrolterra fixo a actuación do ex ministro Morenés, tamén a Narón posto que nos nosos polígonos afincanse empresas dedicadas ao sector naval e vinculadas a NAVANTIA. Ademais moitos veciños e veciñas de Narón son traballadores e traballadoras que forman parte do plantel de NAVANTIA.

As ordes do goberno de Mariano Rajoy para contratar armamento á multinacional MBDA que Pedro Morenés presidiu en España (ata a súa entrada no goberno) adiou e paralizou a definición dun proxecto de 4 000 millóns de euros que garantía 10 anos de carga de traballo para o estaleiro da nosa comarca e que evitou a posta en marcha dun contrato para construír 5 fragatas no estaleiro de Navantia en Ferrol.

Esta situación causou 2 anos de adiamento do proxecto técnico, ademais de provocar un enfrontamento entre a Armada e a Dirección Xeral de Armamento controlada polo ministro, dada a oposición da primeira xa que mantiña criterios contrarios aos de instalar o armamento que solicitaba o executivo do Partido Popular.

Emporiso o Ministerio de Defensa (durante os gabinetes de Morenés e Cospedal) impulsou con carácter prioritario a implantación nesas cinco fragatas dos mísiles Sea Ceptor (non empregados nunca na Armada Española) que a compañía do ministro estaba tentando colocar no mercado internacional de Defensa, entre outros mercados en España.

A construción das Fragatas F-110 suporía un volume que daría carga de traballo aos estaleiros ferroláns durante alo menos unha década. Un contrato que asegura a xeración de 7.000 postos de traballo directos (1.300 empregos) e indirectos (2000 empregos) na comarca de Ferrolterra entre a empresa pública, auxiliares e subministradores (3.500 empregos).

Nunha Comarca que vive unha situación difícil cunha media desemprego por riba da media española e unha sangría demográfica que sufre dende a década dos 80 e 90, a decisión do goberno de PP cobra especial gravidade posto que supón dar prioridade aos “intereses empresariais e persoais” favorecendo a unha empresa vinculada co naquel momento titular da carteira de Defensa (e coa posterior xestión de María Dolores de Cospedal), por enriba dos intereses da veciñanza de toda a Comarca. Iso moi a pesares das declaracións do candidato regresado do futuro Rey Varela, que di “ven salvar Ferrol da parálise” e coa indiferenza por parte do presidente da Xunta, que di “non saber” e que tampouco atopa motivo para por en cuestión a xestión do anterior Ministerio de Defensa.

Pero esta situación non foi unha excepción nin un feito illado, do xeito de proceder do Ministerio de Defensa nos anos do goberno de Mariano Rajoy xa que foron adxudicados contratos por valor de 115 millóns de euros a empresas do grupo Segur Ibérica vinculadas ao ex- ministro Pedro Morenés, onde ocupou distintos postos de dirección. Dende o seu nomeamento como ministro o 4 de decembro de 2016 foron adxudicados directamente polo Ministerio de Defensa 21 dos 23 contratos polo procedemento negociado sen publicidade.

En resumo, estamos ante unha nova mostra do estilo de facer política do Partido Popular que busca o lucro propio que no caso das Fragatas causou un grave dano a toda a Comarca. O empeño en impoñer un armamento concreto (indo en contra dos criterios da Armada) para favorecer ao grupo de empresas vinculadas a Morenés deron lugar ao adiamento do proxecto técnico necesario para dar luz verde a construción das fragatas, danando de xeito lesivo un sector clave para a toda Comarca de Ferrolterra. CARGA DE TRABALLO, XA!

ACORDOS:

1. Condena enérxica do Pleno do Concello de Narón a xestión do Ministerio de Defensa e do ex- ministro Pedro Morenés.

2. Pedir a comparecencia do ex ministro Pedro Morenés no Congreso dos Deputados para explicar polo miúdo a paralización do proxecto técnico así como o motivo de ir en contra do criterio da Armada en canto a instalacións dos mísiles Sea Ceptor.

3. Instar ao Goberno Central a valorar a denuncia dos feitos anteditos ante a Fiscalía.

Grupo Municipal de EU NARÓN

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s. aaa


Enviado por:

Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
20 de janeiro de 2019 19:58
____


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon