xoves, marzo 28, 2019

Con motivo da celebración, do Día Internacional de Teatro no Ateneo Ferrolán proxectarase 'Voaxa e Carmín', este xoves día 28 de marzo ás 7 da tarde


Proxección "Voaxa e Carmín"


Con motivo da celebración, o día 27 de marzo, do Día Internacional de Teatro no Ateneo Ferrolán proxectarase "Voaxa e Carmín" o xoves día 28 de marzo ás 19 h. con entrada libre

Case unha atracción turística de seu e unha das iconas máis recoñecibles de Compostela, a estatua das Marías da Alameda de Santiago agocha unha historia máis dramática que, poñamos por caso, a da de Pessoa no Chiado. Case tan míticas como Cibeles e Neptuno, as Maruxa e Coralia do escultor César Lombera homenaxean as cores dun tempo gris e, ao ficaren aí a pesar dos estragos da desmemoria local, loitan por facer medrar a curiosidade de quen as visita.

Son poucas as mulleres e homes nacidas na capital antes da democracia que non recibisen, respectivamente, os seus insultos ou as súas chiscadelas. Para a maioría foron dúas excéntricas; como moito, hai quen se fai eco do poder simbólico que a súa presenza tiña no mediodía franquista. Como deixou dito Vidal Bolaño na edición impresa que acompañou a inauguración da estatua nos noventa, as Dúas en Punto “miraban a vida cun ollo chiscado e rían dun mundo que a forza de se enganar a si mesmo chegou a crer que era el quen ría delas”. Elas souberon aceptar ese engano e xogar con el. Convertéronse nun disfrace público para ocultaren unha vergonza privada, unha traxedia colectiva e unha memoria histórica.

Voaxa e Carmín presenta unha maneira artística, creativa e non documental de abordar o drama da nosa memoria histórica: o drama, silenciado durante décadas, de todo o peso da represión posbélica franquista envorcada sobre a vida feble de dúas mulleres inocentes. Se a información está dosificada e desordenada é para, precisamente, facer levedar o interese pola historia real e evitar que o fornecemento de todos os datos provoque unha satisfacción que a volva condenar ao esquecemento.

Texto, dirección e actrices sustentan, ademais, unha produción que, en definitiva, por contido e resultado, pode facer historia no teatro galego: un auténtico monumento teatral.

https://erreguete.gal/2016/07/21/voaxa-e-carmin/
--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
27 de março de 2019 12:34

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon