xoves, marzo 28, 2019

Fin dunha aldraxe histórica - Abordara-se no Pleno ordinario deste último xoves do mes marzo de 2019, Proposta de aprobación inicial da Ordenanza reguladora dos aproveitamentos comunais do Monte de Brión


Este xoves 28 de marzo de 2019, terá lugar o Pleno Ordinario de fin de mes, o penúltimo do período, entre outros puntos tratara-se a "Proposta de aprobación inicial da Ordenanza reguladora dos aproveitamentos comunais do Monte de Brión". Unha ordenanza que devolve a xestión e aproveitamento dos Montes Comunais do Cha, á veciñanza das parroquias de Doniños e Brión, da que fora apartada inxustamente desde 1964.

FIN D´UNHA ALDRAXE HISTÓRICA

Trata-se de recuperar os aproveitamentos veciñais dos montes comunais do Cha, dos que fomos apartado fai 69 anos por unha decisión do concello da ditadura.

Esta ordenanza fará que practicamente a xestión e explotación do monte sexa como si estivese clasificado en man común, incluso mellor en certos aspectos. Así todo, ademais de poñer o monte en valor dende xa, continuaremos loitando pola titularidade xurídica en man común da veciñanza.

Asociación Montes Veciñais do Cha

Enlace de referencia:

Os Montes do Cha de Brión ao Pleno: A veciñanza pide a súa devolución e o recoñecemento do carácter mancomunal dos mesmo. | Ir á nova en Ártabra 21.

Info baseada na enviada por:
Comunidade Montes do Cha
-comunidade-montesdocha@hotmail.com-
27 de março de 2019 12:20

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon