CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
MÉRCORES 27 DE MARZO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
MÉRCORES 27 DE MARZO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
O buque, ten previsto descargar en Reganosa, miles de toneladas de gas natural licuado. Este gaseiro faría o número 245 que entre na Ría de Ferrol cargado con GNL, mentres se produza a descarga no pantalán de Punta Promontoiro (Mugardos), perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as persoas que moramos na súa contorna.
O Comité Cidadán convoca a participar na acción de protesta que quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de catro sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, o anterior Goberno Español de Mariano Rajoy, mediante unha resolución gobernamental, eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora.
Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas está para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, coas catro sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal.
O goberno, daquela en funcións (Agosto de 2016), de Mariano Rajoy (dun partido corrupto até o espiñazo), para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada por "El Defensor del Pueblo".
Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA
NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Info baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan gmail.com-
25 de março de 2019 11:48
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon