Informe anual 2018 sobre Racismo e Xenofobia en Galicia
Como dende hai 53 anos, cada 21 de marzo conmemorase o día Internacional pola Eliminación da Discriminación Racial en lembranza da Matanza de Sharpeville acontecida en 1960 contra manifestantes que loitaban contra as políticas segregacionistas e racistas do Apartheid en Sudáfrica a mans da policía.
Décadas despois, a discriminación étnica/racial continua a estar presente na sociedade, atopando a súa orixe no pasado colonial que perpetúa as diferenzas de norte-sur global, afectando ao imaxinario colectivo e influíndo na actuación e papel dos Estados.
Este racismo estrutural reflíctese na vida diaria das persoas migrantes e/ou racializadas, na súa relación coas Administracións, no acceso aos servizos públicos ou privados, como a saúde ou a vivenda, na actuación e o abuso de poder das forzas e corpos de seguranza do estado, e mesmo na relación entre persoas particulares.
Pese aos múltiples avances en materia de igualdade de trato e non discriminación, a vulneración de dereitos, a comisión de delitos de odio e o racismo institucional continúan a ser o pan de cada dia, con máis forza co recente auxe da extrema dereita e o fascismo a nivel europeo e en territorio español.
Dende as Oficinas de Información e Denuncia en materia de Racismo e Xenofobia (OID), entendemos que é preciso, non só asesorar cada caso de xeito individual, se non tamén visibilizar todas estas situacións a través da incidencia política e social para xerar cambios reais a todos os niveis. “O que non se nomea non existe” . Por iso, a través da presentación do Informe Anual sobre Racismo e Xenofobia en Galicia queremos denunciar publicamente aqueles casos de discriminación xenófoba ou racista coñecidos polas OIDs. Os 96 casos de conductas discriminatorias acontecidas e recollidas durante o 2018, apenas reflicten una parte da realidade.
Este ano, a presentación oficial do “Informe Anual 2018 sobre Racismo e Xenofobia en Galicia” terá lugar o mércores 27 de marzo ás 19:30h no espazo Cubo-Vigo (R/ Doutor Cadaval 17B) con motivo da apertura da nova Oficina de Información e denuncias na cidade financiada pola Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF
Zorahaida Casales (Coordinadora)
Patricia Martínez (Avogada)
SOS RACISMO GALICIA
http://www.sosracismogalicia.org/
- 881 963 797 | 698 163 742 (A Coruña)
- 986 917 325 | 678 811 714 (Vigo)
- info@sosracismogalicia.org (A Coruña)
- vigo@sosracismogalicia.org (Vigo)
comunicacion@sosracismogalicia.org
-comunicacion@sosracismogalicia.org-
20 de março de 2019 12:22
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon