sábado, marzo 23, 2019

Eliximos Narón encabeza a reclamación polo abuso das taxas polas acometidas de auga e saneamento no rural - Noutra orde de cousas, pide ao Concello que solicite ao xuíz seu nomeamento como segundo administrador concursal de Poligal


O tortuoso camiño da xustiza contra o Concello de Narón


Eliximos encabeza a reclamación polo abuso das taxas polas acometidas de auga e saneamento no rural, a demanda do Contencioso-Administrativa presentouse o 10 de outubro, pero a información que enviou o Concello ao xulgado a principios de decembro foi incompleta, así que presentamos un requirimento para que se completase. O 25 de xaneiro se nos remitiu máis información pero novamente faltaba a parte das acometidas de auga que negábanse a entregar, polo que nos vimos obrigados a solicitar unha nova ampliación, a solicitude foi transmitida polo xulgado ao Concello pero este fixo un recurso á devandita solicitude. Así que nos vimos obrigados a alegar a dito recurso. Finalmente o 11 de marzo o Letrado de xustiza desestimou o recurso do Concello (sen xa opción a novo recurso) polo que lles obriga a presentar a documentación solicitada.

Estas son as tácticas normalmente seguidas polo Concello para dilatar e dilapidar o camiño da Xustiza, pois xa levamos 3 meses a voltas só para conseguir a documentación necesaria para poder presentar a demanda.

O contencioso contra a cesión do contrato do Centro Sociocultural de Pedroso, unha obra que se fixo sen cumprir o contrato e saltándose varias leis, iniciámolo en outubro de 2017 e a principios de decembro de 2018 pedíronnos que presentásemos as conclusións, pero alegamos tamén por falta de documentación, e levamos máis de 3 meses á espera.
O Contencioso presentado contra os orzamentos de 2017 ante o TSXG foi iniciado o 4 de xullo de 2017 e o pasado 13 deste mes celebrouse unha vista, pronto haberá que presentar as conclusión pero a sentencia aínda tardará uns meses. Con este contencioso tratamos de que as contas se recollan ben para evitar que pasen cousas tan estrañas como que as horas extra da Policía local (servizo de seguridade que non se pode cobrar aos veciños) se acaben cobrando como gastos indirectos das distintas taxas do Concello.

A Acción Pública aberta polo Tribunal de Contas contra o concello polo contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, a instancia de Eliximos presentada en febreiro de 2018, por malversación de fondos públicos, esta nunha fase inicial, xa que en xaneiro de 2019 se nos requiriu novos informes e ampliación da documentación, que foi remitida no mes de febreiro. Con todo, xa tivo unha primeira consecuencia que foi a actualización do canon do contrato, logo de 3 anos sen actualizalo, véndose Urbaser forzada a devolver 148.850,58 €, como se pode comprobar na acta do pleno de maio de 2018.

Outro exemplo o temos no contencioso contra as taxas de subministro de auga, saneamento e lixo que iniciou un dos nosos compañeiros de coalición, e que dende un principio apoiamos, por incumprir moitas cousas, pero basicamente por non ter ben feitos os informes con que se establecen as taxas a pagar (algo que levan facendo mal dende sempre e sen que ninguén dixese nada nin protestase). O proceso iniciámolo en febreiro de 2017 e a demanda presentouse en maio, colleunos tamén a folga de xustiza polo medio e o 12 de marzo de 2019 declarouse visto para sentenza, logo de 2 anos. Esperamos que a sentenza sexa favorable e poidamos comezar a reparar algunha das moitas inxustizas que os veciños sofren a diario.


Eliximos pide ao Concello que solicite ao xuíz seu nomeamento como segundo administrador concursal de Poligal

Eliximos rexistrou unha moción na que solicita a participación directa do Concello no Concurso de acredores de Poligal como segundo administrador concursal, aproveitando un artigo 27 da Lei Concursal que di:

“... naqueles concursos en que exista unha causa de interese público que así o xustifique, o xuíz do concurso, de oficio ou a instancia dun acredor de carácter público poderá nomear como segundo administrador concursal a unha Administración Pública acredora ... Neste suposto, a representación da administración deberá recaer sobre algún empregado público con titulación universitaria, de graduado ou licenciado, que desempeñe as súas funcións no ámbito xurídico ou económico, e o seu réxime de responsabilidade será o específico da lexislación administrativa.”

Xa temos malas experiencias de empresas do concello que entraron en concurso de acredores e unha mala xestión do administrador concursal levounas unha situación aínda moito peor.

A situación de Poligal xa é de partida mala si o xuíz admite a trámite a solicitude da empresa de resolver o concurso mediante a liquidación da empresa, sen nin sequera intentar á resolución mediante un convenio cos acredores.

O feito de que o concurso se declare en Barcelona é una dificultade engadida para que os traballadores poidan vixiar de cerca o que acontece co mesmo e, por iso, dende Eliximos pedimos que o Concello solicite a súa participación como segundo administrador concursal para darlle as maiores garantías posibles ao proceso.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/



Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
19 de março de 2019 23:44
17 de março de 2019 17:35


___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon