A Comisión Revolta Popular Marzo 1918 realiza unha ofrenda floral o domingo ás 12:30 en Sedes nos 101 anos da Revolta.
A comisión da Revolta Popular, formada por entidades da comarca sen ánimo de lucro e concellos que se uniron, realizará unha ofrenda floral amenizada coa música do artista Óscar Fojo para lembrar os 101 anos da Revolta que levou á demisión de alcaldes e baixada de prezos de produtos básicos en 1918.
A comisión fixo un traballo intenso para lembrar o acontecido durante o 2018 e hoxe podemos contar cunha unidade didáctica para infantil, primaria e secundaria elaborada pola AS-PG, publicacións especializadas arredor dos feitos, estatuas, monumentos, nomes de prazas e placas que lembran o acontecido na comarca ou a elaboración dun documental por parte de Nós, Produtora Cinematográfica Galega en fase de pre-produción. Agora, 101 anos despois, desde a comisión cederon a galegas 8m a celebración do 8 de marzo (cando as mulleres da fábrica de textís iniciaron as protestas polas condicións laborais e de vida) e realizan a ofrenda o primeiro domingo despois do 13 de marzo fatídico de hai 101 anos cando na feira de Sedes caeron abatidas 5 persoas de maneira directa e máis nos seguintes días por disparos da policía desde a casa do alcalde.
Queremos lembrar que somos un pobo con historia e espírito de rebeldía.
Vídeo resumo dos actos do ano pasado e convocatoria para o 2019:
https://www.youtube.com/watch?v=xlKaaW7UeMg&feature=youtu.be
--
Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone: +34 981 35 29 86
www.artabria.net
Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.
Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
14 de março de 2019 01:04
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon