NARÓN POR DIANTE denuncia o incumprimento do convenio colectivo por parte da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón
André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, denuncia o incumprimento do convenio colectivo por parte da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón.
A empresa non esta a cumprir coas condicións que establecen os pliegos do contrato a hora de dar este servizo. Entendemos que o máximo responsable de fiscalizar o bo funcionamento do servizo e de controlar os incumprimentos das empresas contratadas, sobre todo cando falamos dun servizo tan vital como é a axuda a domicilio, é o contratante do servizo, o (Concello de Narón).
Atopámonos con que o aumento das horas para axuda a domicilio non supuxo como contemplan os pliegos a dignificación deste traballo, referímonos a converter tempos parciais en totais para conseguir que estas coidadoras poidan ter un salario digno.
Ademais moitas das persoas coidadas tamén sofren cos continuos cambios de coidadora, os pliegos contemplan que por un mesmo domicilio non pasen mais de catro coidadoras, e atopámonos con casos onde chegan a pasar ata vinte, algo que para aquelas persoas con as súas facultades mentais mermadas é moi prexudicial.
Alex Bello Martínez, responsable de Construcción e Servizos de CCOO, rexistrou unha denuncia en Inspección de traballo denunciando estes incumprimentos, o fixo ante a pasividade do Concello ao desoír as reclamacións de intermediación con CLECE por parte da representación sindical.
Denuncian entre moitos outros incumprimentos que CLECE non elabora como esixe o convenio un calendario laboral con carácter anual.
Denuncian que a empresa modifica de maneira unilateral a xornada de traballo.
Denuncian que o 100% das contratacións a tempo parcial son xornadas partidas.
Denuncian a empresa incumpre a política de traslados.
Denuncian que CLECE non considera tempo de traballo efectivo utilizado polas traballadoras e traballadores para ir a recoller as luvas, ou cubrir os moitos formularios a que a empresa obriga.
Denuncian tamén que algúns traballadores e traballadoras e tamén a coordinación do servizo, sofren unha carga de traballo excesiva.
Ante esta denuncia dende NARÓN POR DIANTE non podemos máis que esixir ao Equipo de Goberno que cumpra coas súas obrigas, e que atenda as xustas reivindicacións dos traballadores e deixe claro a CLECE que convenio e pliegos están para ser cumpridos.
https://www.facebook.com/naronpordiante/
https://twitter.com/naronpordiante
Se queres sumarte a Narón por Diante, unión popular de esquerdas , feminista e comprometida coa sostenibilidade medioambental só tes que rechear o formulario, recibirás toda a información,convocatorias, poderás formar parte dos nosos grupos de traballo , dos órganos políticos ou no que poidas aportar segundo a túa disponibilidade. | Aceceder.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
15 de março de 2019 09:34
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon