Dúas frontes traerán chuvia a Galicia na Semana Santa. | As predicións de Meteogalicia e AEMET coinciden en que os días feriados serán para levar parauga.
A poucos días do inicio da Semana Santa, as predicións meterolóxicas xa non son aventuradas. E todos os modelos sinalan que Galicia vivirá uns días feriados pasados por auga, coa entrada de dúas frontes frías polo oeste do país.
Meteogalicia advirte que a semana comezará co paso dunha fronte, con alta probabilidade de chuvias. “O martes quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, á espera da chegada dunha nova fronte na xornada do mércores”. En conxunto, todo apunta a ceos cubertos e precipitacións para todos os días festivos.
#PredicciónAemet para as vindeiras tres semanas do 15 de #Abril ao 5 de #maio de 2019 e resumo de predición paralos vindeiros 10 días, (#SemanaSanta2019). | https://t.co/3aNccWgKlu | https://t.co/nnkbSqECGB pic.twitter.com/lnUWhqs5Zv
— AEMET (@AEMET_Esp) 12 de abril de 2019
As predicións coinciden coas que fai a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que falan de chuvias xeralizadas en Galicia a partir do mércores 17 de abril, que se van manter ata o domingo de Pascua.
De feito, o tempo inestable no país vai comezar xa na noite deste sábado 13 de abril e, tras a pequena tregua que viviremos o martes 16, a Semana Santa non será no 2019 de praia, senón de paraugas.
Aquí podes consultar a predición para Semana Santa da AEMET
E aquí podes consultar a predición para Semana Santa de Meteogalicia
Por Redacción. - 12.04.201.
Fonte: GCiencia.
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon