Amosando publicacións coa etiqueta Meteogalicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Meteogalicia. Amosar todas as publicacións

domingo, abril 14, 2019

Dúas frontes traerán chuvia a Galiza na Semana Santa - As predicións de Meteogalicia e AEMET coinciden en que os días feriados serán para levar paraugas



Dúas frontes traerán chuvia a Galicia na Semana Santa. | As predicións de Meteogalicia e AEMET coinciden en que os días feriados serán para levar parauga.



A poucos días do inicio da Semana Santa, as predicións meterolóxicas xa non son aventuradas. E todos os modelos sinalan que Galicia vivirá uns días feriados pasados por auga, coa entrada de dúas frontes frías polo oeste do país.

Meteogalicia advirte que a semana comezará co paso dunha fronte, con alta probabilidade de chuvias. “O martes quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, á espera da chegada dunha nova fronte na xornada do mércores”. En conxunto, todo apunta a ceos cubertos e precipitacións para todos os días festivos.

#PredicciónAemet para as vindeiras tres semanas do 15 de #Abril ao 5 de #maio de 2019 e resumo de predición paralos vindeiros 10 días, (#SemanaSanta2019). |  https://t.co/3aNccWgKlu | https://t.co/nnkbSqECGB pic.twitter.com/lnUWhqs5Zv

— AEMET (@AEMET_Esp) 12 de abril de 2019

As predicións coinciden coas que fai a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que falan de chuvias xeralizadas en Galicia a partir do mércores 17 de abril, que se van manter ata o domingo de Pascua.

De feito, o tempo inestable no país vai comezar xa na noite deste sábado 13 de abril e, tras a pequena tregua que viviremos o martes 16, a Semana Santa non será no 2019 de praia, senón de paraugas.

Aquí podes consultar a predición para Semana Santa da AEMET

E aquí podes consultar a predición para Semana Santa de Meteogalicia

Por Redacción. - 12.04.201.

Fonte: GCiencia.
____________