Feira da Lectura, do Libro e da Palabra (Programa completo!)
23 de Apr at 11:00 – 27 de Apr at 21:00
No Cantón, (Praza da Constitución).
A feira, que chega a súa trixésima edición, foi presentada hoxe no Pazo Municipal polo Concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, Nani Regueira Fernández, como coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, e Jesús Espada Martínez, na representación da Xunta na Coruña.
O pregón inaugural, o martes 23, a volta da Semana Santa, a cargo da escritora ferrolá Ánxela Loureiro, co Real Coro de Toxos e Froles.
Temos para vós un programa completísimo de actividades, con obradoiros e contacontos, descontos do 10% nas compras e agasallos, coa implicación da Biblioteca Municipal de Ferrol, todo un referente da cultural local. Podedes consultar o programa completo nas nosas redes sociais.
Ao remate desta 30º edición da Feira, iniciarase, do 1 ao 14 de maio, a Feira do Libro Antigo e de Ocasión no mesmo espazo. Non perdas detalle e non deixes de vir, que non se fan 30 anos todas as feiras!!
Amplo programa de actividades diario. Desconto do 10% no prezo de todos os libros.Programa completo:
MARTES 23:
- Concurso de debuxo "Un día na Feira do Libro"
- 11:00 h Día do libro. Pola compra dun libro Floristería SEDES regala un caravel
- 18:00 h Ana Meilán asina "8patas". Caseta Day Librería.
- 18:00 h Actividade infantil "Un libro e unha rosa". Contacontos e obradoiros de rosas de papel. Caseta Concello
- 19:30 h Inauguración oficial. Actuación do Real Coro de Toxos e Froles. Pregón a cargo de Ánxela Loureiro
- 19:30 h Mar Veiga asina "17 días sen Sara". Caseta Day Librería
- 20:00 h Ánxela asina na caseta da Secretaría
- 20:15 h Presentación "La felicidad viene en frasco pequeño", de Noemí Rodríguez Casteleiro.
MÉRCORES 24:
- Concurso de debuxo "Un día na Feira do Libro"
- 17:00 h Contacontos en Lingua de signos con Tino García
- 17:30 h Taller básico de LSE con Tino García
- 17:45 "Cóntanos a túa expereiencia na Feira do Libro". Reporteiros Tolos e Radio Leo
- 18:00 h Actividade infantil "Contando historias". Deputación
- 18:30 h "O servizo de lectura para a provincia". Deputación
- 19:00 h Presentación "Memoria histórica do barrio de Canido", de Guillermo Llorca e Juan J. Burgoa. Edicións Embora
- 19:00 h Miguel Anxo Romero asina "Poemas con Canela". Edicións Embora
- 20:00 Presentación "1[14]1" de Alberte Momán, Belagua Edicións. Con Henrique Dacosta
XOVES 25:
- Concurso de debuxo "Un día na Feira do Libro" (ÚLTIMO DÍA!)
- 17:00 h Recital dentro da semana da Poesía Salvaxe. Con Víctor Díaz, Kartlotti Valle e Guillermo Fernández
- 18:00 h Actividade infantil "Libros comestibles con mensaxe", coa cociñeira Tomasa. A Guagua
- 18:30 h Pepablo Patiño asina "Lúa". Caseta Edicións Embora
- 19:00 h Concerto presentación de Cantamos de Luís Vallecillo. Guindastre Edicións. Posterior sinatura da caseta de Secretaría
- 20:00 h Presentación de"Antes de perdermos a memoria", de Alfonso Tellado. Edicións Embora. Con Xoán Barro
- 20:00 h Guillermo Llorca asina "Ferroláns". Caseta Edicións Embora
VENRES 26
- 17:00 h Presentación de "Soñar tu nombre" de Amélia de Qeurol
- 17:30 h Anabel Platas asina "Los soldados del tercio norte y las tres Españas en la guerra de Cuba". Caseta Day
- 18:00 h Presentación e obradoiro de "25 recetas SLIME: Sin bórax", de Adrián Pérez. Hércoles Ediciones. 25 prazas por orde de chegada. Posterior sinatura na caseta de Secretaria
- 18:00 h Antón Cortizas asina na caseta da Libraría Pedreira
- 19:00 h Brais e Anxo Moure "Os mouros Moure" presentan "Contos e música para coidar o mar (e deixalo de mancar)"
- 19:00 h Carlos de Vilanova asina "La dieta hepática". Caseta Day Librería
- 20:00 h Presentación "Mitos y leyendas", de José Luis Casteleiro e Carlos Sardiña. Hércules Ediciones. Posterior sinatura na caseta de Secretaría.
SÁBADO 27
- 11:00 h Elisabeth Bowman asina "Bon Vivant". Caseta Libraría Cortizas
- 12:00 h Ramón Loureiro asina "Al rey de los ángeles". Caseta Libraría Galiano
- 12:00 Bartolomé Cánovas Sánchez asina "Fragata 'Magdalena' Gentes de Mar y Guerra". Caseta Day Librería.
- 12:00 O Xadrez nas escolas sae á rúa. Exhibición de partidas simultáneas. Concello e Círculo Ferrolán de Xadrez
- 12:30 h Un día na Feira do Libro. Presentación gañadores/as
- 13:00 h Actividade infantil "Libros monstruosos!" Contacontos e obradoiro de creación de monstruos. Concello
- 17:30 h Paula Merlán asina "¡Todos a la escuela! Emma no quiere ir al cole". Caseta Day Librería
- 17:30 h Carla Reyes Uschinsky asina "Case iguais". Libraría Cortizas
- 18:00 h Actividade infantil "Vai de galiñas!" Contacontos e obradoiro de marcapáxinas de galiñas. Concello
- 18:30 h 6ª Mostra Popular de Xadrez do alumnado do Programa Educativo Municipal Xadrez nas Escolas. Concello e Círculo Ferrolán de Xadrez
- 18:30 h Leandro Lamas asina na caseta de Edicións Embora
- 19:00 h Teresa Cameselle asina "Como el viento de otoño". Caseta Day Librería.
Evento: facebook.
A nova na web do Concello de Ferrol.
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon