NARÓN POR DIANTE CHAMA A PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA NOS ACTOS DE HOMENAXE AOS REPRESALIADOS POLA DITADURA.
NARÓN POR DIANTE chama a cidadanía a participar nas ofrendas florais na memoria de todos os represaliados polo fascismo que terán lugar o domingo día 14 de Abril, no Monólito en memoria dos asasinados ao carón do cemiterio do Val ás 12:00, no cemiterio de San Mateo ás 12:30, sendas ofrendas florais nas cosas comúns que comparten os mariñeiros asasinados por permanecer fieis a legalidade republicana, e na Árbore de Gernika plantada en fronte o Pazo da Cultura ás 13:00 onde se ofrecerán 13 rosas en homenaxe as mulleres represaliadas, algunhas asasinadas como as "13 rosas", outras violadas, rapadas, encarceradas e humilladas. O homenaxe na Árbore de Gernika tamén irá dirixido a os civís víctimas da guerra e da sen razón fascista.
A MEMORIA EN NARÓN. (Intervención plenaria do noso candidato a Alcaldía de Narón,André Abeledo).
Achegámonos ao 14 de Abril e entendemos necesario recuperar a memoria. Sobre todo agora que moitos pretenden prostituír a historia e mentir.
En primeiro lugar remarcar que non foi unha Guerra Civil, foi un golpe de estado e un xenocidio ideolóxico.
Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación se reabren feridas, pero, como se vai reabrir o que nunca se pechou?; como se pode perdoar cando nunca se pediu perdón?. Teñamos presente que na Alemaña negar o holocausto é delito. Non se debe esquecer sen máis.
Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista. As cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.
Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles mariñeiros que se mantiveron fieis á República, á legalidade, cando o golpe. No Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do acorazado "España” e do vapor "Domine”. En San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantábrico”.
Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión...
Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados...
Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do citado acorazado "España”.
André Abeledo Fernández (Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE)
https://www.facebook.com/naronpordiante/
https://twitter.com/naronpordiante
Se queres sumarte a Narón por Diante, unión popular de esquerdas , feminista e comprometida coa substentabilidade medio ambental só tes que encher o formulario, recibirás toda a información,convocatorias, poderás formar parte dos nosos grupos de traballo , dos órganos políticos ou no que poidas aportar segundo a túa dispoñibilidade. | Aceceder.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
11 de abril de 2019 23:45
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon