Néstor Rego comprométese en Ferrol a reclamar no Congreso que Defensa pague os impostos na cidade. | Avoga por derrubar a muralla e abrir Ferrol ao mar. | O candidato á Alcaldía, Iván Rivas denuncia que a dependencia de Ferrol ao estado leva ao concello ao suicidio urbanístico, económico e social.
O candidato do BNG, Néstor Rego comprometeuse hoxe en Ferrol a reclamar no Congreso que o Ministerio de Defensa pague os impostos na cidade. Rego afirmou que o Ministerio de Defensa debe cumprir “igual que todas as persoas, empresas e institucións coas súa obrigas tributarias co concello de Ferrol”.
Nun encontro co portavoz municipal e candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, Néstor Rego recalcou que a limitación de ingresos lastra a operatividade do concello de Ferrol e o Ministerio de Defensa non pode “condicionar o desenvolvemento urbanístico cunha ocupación do 20% do espazo urbano de Ferrol”.
Por outra parte, tamén se referiu a muralla que impide que Ferrol poida “abrise ao mar” e dende o BNG, dixo, avogamos por derrubar a muralla e esa será unha exixencia que tamén defenderemos no Congreso, avanzou.
Dende o punto de vista económico, Rego apostou por incorporar de maneira decidida “a construción naval civil” en Navantia evitando a “dependencia permanente de decisións militares”. Para o candidato do BNG ao Congreso, unha institución pública como o Ministerio de Defensa non pode entrar en operacións de tipo “urbanístico especulativo e debe facilitar xunto a administración local, unha dinámica para o desenvolvemento urbano” que favoreza os intereses socias para alén, por outro lado de “seguir engordando a burbulla inmobiliaria” porque dada a dinámica demográfica de Ferrol “carece de sentido”.
O noso compromiso no Congreso dos deputados será, en colaboración co BNG de Ferrol e institucións da cidade e comarca, “defender os intereses de Ferrol e buscar alternativas aos seus problemas", concluíu.
FERROL NON PODE SEGUIR CONDICIONADO POLO ESTADO
Pola súa parte, o candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas explicou que a relación do Estado coa cidade de Ferrol é transcendental porque condiciona o seu desenvolvemento “urbanístico” cun convenio pendente hai máis de vinte anos grazas á “complicidade” dos goberno locais sobre a propiedades que posúe o Estado no concello e que “non son poucas”.
Rivas, na liña de Néstor Rego, reiterou que o Ministerio de Defensa condiciona o ámbito económico a través da ocupación pola que o estado non compensa aos veciños e veciñas. Ademais, dixo, temos o condicionamento dunha empresa pública, Navantia, controlada polo Ministerio e que na actualidade depende de que “un almirante” decida que as F110 inicien o camiño da súa execución. Rivas denunciou as diferentes reestruturacións coa conivencia das forzas políticas do concello que dende hai anos, explicou non mostraron interese por mudar a situación. É fundamental, a presenza do BNG no Congreso para visibilizar a dependencia do concello co estado que está levando a Ferrol ao seu “suicidio urbano, económico e social”.
Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
12 de abril de 2019 18:48
________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon