NARÓN POR DIANTE reuniuse coa AAVV de O Val.
André Abeledo candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE reuniuse xunto có seu equipo de traballo coa directiva da AAVV de O Val.
Abeledo entende como un punto moi importante dos tratados, o referido ao campo de golf en materia de seguridade.
A AAVV de O Val rexistrou unha queixa no Concello fai un par de semanas por este feito. Referímonos a choiva de pelotas de golf que teñen literalmente bombardeada unha casa veciña, e tamén ao colexio, có perigo que isto supón para as crianzas e a veciñanza que vive ou pasea polas inmediacións do campo de golf. A policía local recolleu tamén un informe sobre estes feitos.
Dende NARÓN POR DIANTE debemos esixir que sexa garantida a seguridade como prioridade absoluta.
Tamén falamos da necesidade dun transporte público que de un servizo real, e que atenda as necesidades da veciñanza en materia de mobilidade.
A nosa cidade conta con apeadeiros pero non con trens suficientes, nin con un transporte público que comuniquen eses apeadeiros cos diferentes destinos. No rural o transporte público é moito máis deficitario.
Dende NARÓN POR DIANTE defendemos que a mobilidade debe ser entendida como un dereito.
No que se refire ao transporte é moi grave o feito de que os estudantes de ensinanza postobligatoria non teñan un transporte público que de servizo para poder acudir aos centros de estudo.
No eido da educación sinalouse tamén a escasa oferta de ciclos educativos en Narón, que obriga aos estudantes a desprazarse fora de Narón para poder formarse unha vez rematada a ensinanza obrigatoria.
Indicaron a realidade de que O Val só ten un parque infantil, algo claramente insuficiente.
Remarcamos a necesidade dun parque adaptado para persoas con mobilidade reducida, algo que dende NARÓN POR DIANTE entendemos que debe ser visto como unha necesidade e como un dereito.
Falamos da necesidade dun acceso a internet de calidade e a unha velocidade do século XXI, cun prezo axustado ao servizo prestado. Queremos un Concello con zonas abertas e Wifi gratis para poder estudar, traballar, etc...nunha cidade moderna que avanza.
En canto a oferta deportiva, de ocio, e incluso terapéutica, Narón precisa dunha nova piscina.
A piscina de A Gándara quedouse pequena e as listas de espera son interminables, obrigando a nosa veciñanza a buscar praza noutros Concellos.
Denuncian que a carreteira dende a Concha ata o Polígono non dispón de beirarrúas sendo un perigo para os viandantes. Dita carreteira depende da Deputación. A veciñanza amosase disposta a ceder o terreo si é preciso para que o proxecto saia adiante.
Denuncian o deplorable estado da carreteira de Baltar dependente da Xunta de Galicia.
Abeledo entende que as administracións deben cumprir as súas obrigas. E de non facelo, dende o Concello temos a obriga de esixir a ditas administracións que cumpran, e poñernos ao carón da veciñanza para esixir conxuntamente as solucións.
https://www.facebook.com/naronpordiante/
https://twitter.com/naronpordiante
Se queres sumarte a Narón por Diante, unión popular de esquerdas, feminista e comprometida coa substentabilidade medio ambental só tes que encher o formulario, recibirás toda a información,convocatorias, poderás formar parte dos nosos grupos de traballo , dos órganos políticos ou no que poidas aportar segundo a túa dispoñibilidade. | Aceceder.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2019 00:57
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon