Triunfa en Ferrol a primeira moción pola que unha institución, tanto en Galiza como no Estado, retira a Manuel Fraga o título de Fillo Adoptivo.
A moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego contou co soporte do grupo de historiadores e historiadoras de Galiza que fixo público o seu apoio ao manifesto impulsado por ex presos políticos no franquismo. Este manifesto esixe que se retiren a Manuel Fraga Iribarne os títulos de Fillo Adoptivo que aínda mantén en diversos concellos galegos.
A moción contou co apoio de 12 concelleiras e concelleiros,1 abstención e cos 11 votos en contra do Partido Popular, que aludiron que “Fraga foi presidente da Xunta moitos anos con maioría absoluta”.
Votaron a prol de retirar o título honorífico a Fraga o BNG (que presentou a moción), Ferrol en Común máis a concelleira que se desvinculou desta formación (Esther Leira) e o PSdeG, a excepción de Beatriz Sestaio que non acudiu ao pleno.
Segundo informou a Sermos Galiza Manuel Monge, representante do colectivo de presas, leu xunto Nicanor Acosta, tamén membro do grupo, o manifesto en que se promovera a retirada dos honores a Manuel Fraga.
Monge amósase satisfeito do grande avance que a aprobación desta moción representa porque, afirma, agora vai ser a quenda de moitos outros concellos como o da Coruña e Santiago, e anuncian que isto só é o inicio.
Manuel Monge cualifica de inconcibíbel que Fraga aínda teña títulos honoríficos xa que el mesmo se describira “como servidor do franquismo” e foi ministro dunha ditadura criminal, polo que Monge afirma que Fraga non merece recoñecemento social, nin a distinción de Fillo Adoptivo.
Entre as persosas asinantes do manifesto ao que deron lectura no pleno están Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luis Méndez Ferrín, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel Peña Rey, Sary Alabau...
Publicado no Sermos Galiza. | 25.04.2019 | Baixo licenza: Creative Commons by-nc-nd/2.5.
Relacionadas:
⏩ O BNG formulará, a través dunha moción, a retirada de distincións e títulos honorarios a Manuel Fraga Iribarne no Concello de Ferrol, esixe ademais que se revisen as distincións honoríficas outorgadas durante a ditadura franquista. | Ártabra 21 - 17.04.2019 | Ir á Web.
⏩ O pasado franquista de Manuel Fraga esquiva a lei de memoria histórica. |
Unha trintena de presos políticos da ditadura reclaman en Galicia a retirada das distincións que os Concellos outorgaron o expresidente da Xunta na ditadura. | Sonia Vizoso A Coruña, 9 xaneiro 2019. | Ir á Web.
⏩ No queremos ao camarada Fraga como fillo adoptivo. | Novas. | Manifesto.
⏩ A nova no xornal comarcal Diario de Ferrol | O pleno de Ferrol retira o título de Fillo Adoptivo a Fraga. | A distinción que se lle concedeu no ano 65 referíase á súa etapa de ministro franquista. | 26.04.2019 | Ir á Web.
Foto: Manuel Fraga e Francisco Franco.
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
26 de abril de 2019 01:01
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon