martes, abril 16, 2019

Presentación do libro 'Sé por qué no vendes', de Jesús Vázquez Montero, Presentado polo xornalista de RadioVoz Isidoro Valerio Prega , este mércores 17 de abril, no Ateneo Ferrolán


Presentación do libro "Sé por qué no vendes"


Presentación do libro "Sé por qué no vendes", do autor Jesús Vázquez Montero (Letrame Editorial).

Mércores día 17 de abril ás 19,30 h.

Presentado por Isidoro Valerio Prega - xornalista de RadioVoz.

Ver que o teu stock aumenta e as vendas non chegan desespera a calquera por moi rudo que un sexa. "Sé por qué no vendes" é unha obra escrita a peito aberto, con valentía e non con desprezo.

Ínstovos a descubrir a trama da venda afastándoos da zona de confort, cunha visión diferente, de lectura entretida, sensitiva, crítica, vivaz e bastante áxil. É un libro que aborda a temática central con destreza, presenta carácter propio, mergullando ao lector con facilidade entre os conflitos diarios. É unha obra actual, emotiva que che atraerá desde as súas primeiras liñas... o produto, o cliente e o vendedor polo medio sabendo todo o que ocorre ao redor da venda, esa é a verdadeira trama e o seu final irresistible e concluínte.

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
16 de abril de 2019 13:16

_________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon