Eliximos Narón presentarase con nova coalición ás próximas eleccións.
As coalicións electorais teñen por lei como vida máxima os catro anos da lexislatura, o que obriga a renovalas, como lle ocorre a Eliximos Narón Electores.
A coalición foi constituída en 2015 polos partidos Los Verdes e Democracia Participativa, pero este último está en proceso de desaparición, o que obrigou a buscar outro partido atopando apoio nos partidos que forma parte da coalición que se presenta ás Cortes Xerais como: Recortes Cero – Grupo Verde, e ás Eleccións Europeas como: Recortes Cero – Los Verdes - Grupo Verde Europeo.
A nova coalición denominarase Eliximos Narón (Recortes Cero – Grupo Verde) con siglas ENE (RC – GV) e anagrama renovado ao que se lle engaden referencias á coalición, aínda que manterá a súa autonomía funcional actuando dentro do respecto aos eixos programáticos da coalición, especialmente ao Decálogo Verde por ser os máis directamente aplicable ao ámbito local:
• Os cinco eixos de Recortes Cero:
◦ Redistribución da Riqueza,
◦ Ampliación da Democracia,
◦ Defensa da Soberanía Nacional,
◦ Fronte Ampla de Unidade,
◦ Fortalecemento da libre unidade do pobo das nacionalidades e rexións de España.
• O Decálogo Verde de Los Verdes – Grupo Verde e do Grupo Verde Europeo.
1º.-Un novo modelo enerxético baseado no uso de enerxías limpas e renovables e no autoconsumo.
2º.-Fomento da economía verde en todos os campos: agricultura, enerxía, novas tecnoloxías, transporte, reciclaxe, depuración en orixe, xestión forestal sustentable... Nova lexislación máis restritiva sobre caza e pesca sustentable e os malos tratos animais.
3º.-Impulsar a agricultura e gandería ecolóxica. Fomento dos hortos urbanos. Prohibir os transxénicos. Regulación máis restritiva dos aditivos alimentarios.
4º.-Unha nova cultura da auga, baseada no aforro e a eficiencia. A auga debe ser un ben común non privatizable.
5º.Política de residuos mínimos e prohibición da incineración de lixos.
6º.-Prohibición da obsolescencia programada.
7º.-Lei de sustentabilidade rural e servizos comarcais.
8º.-Cambio global na política de mobilidade, baseada no fomento da proximidade.
9º.-Maior compromiso na loita contra o cambio climático. Redución da contaminación electromagnética.
10º.-Unha fiscalidade ecolóxica e permitir a circulación de moedas soberanas, sociais ou complementarias.
Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)
673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web | Twitter | Facebook
Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
16 de abril de 2019 09:17
______________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon