martes, abril 16, 2019

LiGanDo manten contactos coa veciñanza de Ferrol: Hai unha serie de reclamacións coincidentes no rural e en todos os barrios: deficiencias en xardíns e parques, vertedoiros incontrolados, seguridade viaria, barreiras arquitectónicas, problemas graves no transporte público,


Despois de varias xuntanzas coa veciñanza de Ferrol, diversas asociacións da cidade, o rural e con distintos sectores profesionais temos que facer público que chegamos a conclusión que existe un enorme descontento coa acción do goberno municipal. En todas as reunións numerosos veciños e veciñas expresaron a fonda preocupación pola situación de descoido, abandono na que se atopa o noso Concello.

Hai unha serie de reclamacións coincidentes no rural e en todos os barrios: deficiencias en xardíns e parques, vertedoiros incontrolados, seguridade viaria, barreiras arquitectónicas, problemas graves no transporte público, infla-estructuras pechadas por deficiencias ou infra-utilizadas, carencia de espazos deportivos e de ocio descentralizados, illamento entre barrios, …; así como tamén reclamacións relativas á falla de políticas integradoras e de resolución de conflitos convivenciais, atención á dependencia e carencias xerais no referido aos servizos sociais, tarifas abusivas de auga e saneamento, entre outras.

Moitas destas demandas veciñais van aparecer no noso programa municipal e incluso temos que dicir que parte das mesmas foron recollidas en algunha das 16 iniciativas presentadas por LiGanDo ao concello nestes tres anos de existencia como organización. A respecto destas iniciativas temos que dicir que o Sr. Suárez e a súa equipa de goberno ignoraron por completo todas as propostas ao igual que ignoraron a maioría das demandas veciñais.

Unha das propostas que recollemos da Asociación de Veciños de San Xoán e que vai incluída no noso programa municipal é a de dar novos usos ao edificio da Policía Local unha vez está remate o seu traslado. A proposta de uso deste local como sede social da AAVV San Xoán-Bertón parécenos totalmente acertada xa que as actuais instalacións que usa esta asociación son insuficientes para a gran cantidade de actividades que organizan todo o  ano con gran participación de xente.

Desde LiGanDo facemos público unha vez mais que seguimos abertos a recoller máis propostas dos veciños e veciñas para o noso programa, xa sexa nalgunha das charlas de presentación de LGD ou enviando a mesma a ligando.ferrol@gmail.com.

Ferrol, 15 de Abril de 2019.

LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter

Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
16 de abril de 2019 18:04

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon