mércores, abril 24, 2019

XII Semana de Poesía Salvaxe en Ferrol, os 24, 25, 26 e 27 de Avril - Myriam Niboucha, #ArtemisaSemedo, Sandra Santos, Raquel Lima, Nuno Júdice, Manuel Rivas, Eugenia Manuela Sanmartin Alonso, Manolo Bacalhau, Cabe García, David Trashumante, Avelino Saavedra, María Lado, Lucía Aldao, Alba María, Queco Díaz, ...


XII Semana de Poesía Salvaxe en Ferrol, os 24, 25, 26 e 27 de Avril

O 24 Mercores, na Poesía Salvaxe, e na Biblioteca Municipal Ferrol as 19,30h Estarán con todas nos, as poetas Myriam Niboucha e #ArtemisaSemedo.

No espazo mais aberto da cidade, no Ateneo Ferrolán estarán a 25 de Avril, as poetas Sandra Santos e Raquel Lima, a partir das 18h

O tan adorado 25 de Avril das Barricadas en Flor estarán con nos os poetas Nuno Júdice e Manuel Rivas, alinhavados pola xenerosidade creativa da nosa amiga Eugenia Manuela Sanmartin Alonso, e noso irrepetible Manolo Bacalhau que acompañado do magnifico guitarra Cabe García poñerán a paisaxe de fondo, citando ao pobo, voz e música feita a man entre as palavras encarnadas dos poetas. Todo estaba pra que acontecera no Teatro Jofre Ferrol, mais a convocatoria das elecións posterior, impediunos tal cousa; vémonos obrigados a usar o Auditorio de Ferrol, lugar non tan propicio para un recital de poesía. Pero aí estaremos.

E todas estades invitadas.

Será ás Oito da tarde, do 25 de Avril.

As invitacións estarán dispoñibles nas taquillas do Jofre.

Moitas grazas e saúde sempre

Resistencia e Risa

E o Venres e o Sábado, 26 e 27 de Avril das Barricadas en Flor, no peche desta XII Semana, estarán con nos.

David Trashumante e Avelino Saavedra
María Lado
Lucía Aldao
Alba María e o guitarrista Queco Díaz

E despois o Xantar cas Palavras recen feitas, tenras e crúas, e as músicas enchendo os manteis como os ventos as velas.

E nese banquete todas as invitadas, homes e mulleres, Itha K. Katártika, Eva Xanim, Sandra Santos - Portugal, Tamara Andrés e Estevo Creus, Roger de Flor, Manolo Bacalhau, Fernando Naveiras Freire, Xoán Padín, voaremos os adioses como pombas mensaxeiras.

Os dous carteis da DOCE SEMANA DE Poesía Salvaxe
https://www.poesiasalvaxe.gal
https://www.poesiasalvaxe.com

AUTORES:
Xaquín Marín
#JavierGarciaPrieto

Xaquín Marín Formoso
Javier García Prieto

Aos cales agradecémoslles mil veces mil grazas e Garzas voando a súa achega á salvaxe cita

Obrigados sempre !

Todo en:

https://www.facebook.com/poesiasalvaxedoce/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
24 de abril de 2019 18:49
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon