O BNG DE FERROL presenta unha candidatura con expoñentes dos principais movementos reivindicativos na cidade
O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol fixo oficial hoxe a súa candidatura de cara os vindeiros comicios municipais de maio. Unha candidatura de persoas dispostas a dar a cara para rematar cos abusos aos que os diferentes gobernos (locais, autonómicos e estatais) levan sometendo á cidade de Ferrol ao longo de todos estes anos.
Persoas inconformistas que teñen participado con valentía na resolución dos grandes conflitos desta cidade, como é a situación dun transporte público que segue en mans de empresas privadas coa complicidade dos gobernos locais e autonómicos, e que veciños e veciñas de Brión, como Josefa Bra Fernández, tesoureira da A.V.V. de Brión, teñen participado xunto aos de San Felipe, Mandiá e moitos outros da zona rural, para reivindicar un servizo básico e necesario para o conxunto da cidade.
Veciños tamén, como María Riveira Filgueiras, presidenta da A.V.V. de Santa Mariña, e o seu compañeiro na asociación e tesoureiro da mesma, Jose Ramón López Carreira, que se enfrontaron á indolencia con que administracións públicas e empresas dependentes delas, como o ADIF, teñen tratado aos diferentes barrios da cidade como acontece en Santa Mariña, coa situación lamentable dun muro de contención que segue sen asumirse a responsabilidade da súa reparación por parte da administración estatal. Ou veciños e veciñas que teñen posto de relevo as grandes necesidades de ámbitos da cidade como o abandono da zona rural, coa participación de membros da A.V.V. de Mandiá como Tania Rei.
Xunto a eles, expoñentes do rico tecido cultural e da nosa capacidade de expresión propia, como Xoan Padín, músico, reivindicando as nosas grandes potencialidades. Representantes dos mestres e mestras comprometidos cun ensino público e plural como Antonia Martínez Díaz, mestra e secretaria Comarcal da CIG ensino.
Tamén dos e das activistas de Ferrol como Xose Antón Múñiz Tenreiro, presidente da Delegación Local de ADEGA, na procura dun Ferrol sustentable onde espazos como a fraga de Menáncaro continúan nun limbo xurídico desde hai anos e que só se entende porque o resto de organizacións políticas se negan a asumir que esta cidade non pode seguir ligando o seu futuro urbanístico ao desenvolvemento de novas urbanizacións e que o obxectivo principal debe pasar por recuperar o xa construído e protexer a nosa riqueza medioambiental.
E como non, persoas que forman parte do principal tecido produtivo da cidade, no seu eslavón máis débil, traballadores e traballadoras da industria auxiliar como Roberto López Suárez, mecánico e delegado sindical na industria auxiliar de Navantia ou David Galdo, delegado sindical no metal, que loitarán contra o silencio cómplice dos que avalan un novo proceso de reestruturación do naval ferrolán e a precarización das condicións laborais dos e das traballadoras da industria auxiliar.
BNG FERROL MUNICIPAIS 2019
01 Iván Rivas Rico, Arquitecto, actual portavoz municipal
02 María do Mar López González, licenciada en Filoloxia Galego-Portuguesa e Mestrada en Patrimonio Cultural pola UDC
03 Roberto Montero Castrillón; Responsábel Local do BNG, delegado sindical na Industria auxiliar
04 Ana Ma Vérez Gómez, Administrativa
05 Xan Carlos López Pereira, Autónomo ligado ao mundo da hostalería
06 Antonia Martínez Díaz; Mestra, Secretaria Comarcal da CIG ensino
07 Santiago Moreda Pérez; autónomo, Membro da Directiva da A.V. de Canido
08 Maria Riveira Filgueiras, Presidenta da A.V.V. De Santa Mariña
09 Xoan Padín Hermida, mestre e músico
10 Maria Yañez Gato, Bibliotecaria na UDC
11 Xoan López Pérez, Funcionario da Xunta de Galiza,
12 Remedios Moreira Vales, Xubilada
13 Ramón Fernández Alfonzo, Secretario de Organización da CIG Ferrolterra
14 Rita Lazare Fouce, traballadora do CAMF
15 Celso Posada Fernández, Mestre e activista social
16 Ana López Pereira, empregada
17 Roberto López Suárez, mecánico, Delegado sindical na industria auxiliar de Navantia
18 Laura Maroto Lourido, autónoma
19 Jorge M. Deza Rey, Psicólogo, Historiador do Fútbol e do Racing de Ferrol
20 Tania Rei, empregada, membro da A.V.V. de Mandiá
21 Antonio Rendal Seoane, camareiro
22 Josefa Bra Fernández, Secretaria da A.V.V, de Brión
23 Jose Ramón López Carreira, Tesoureiro da A.V.V. de Santa Mariña
24 Luisa Sánchez Meizoso, bióloga
25 Xose Antón Múñiz Tenreiro, Presidente da Delegación Local de ADEGA
S1 David Galdo Canido, delegado sindical no metal
S2 Celsa Garcia Pérez, profesora xubilada
S3 F. Borxa Gonzalez Tenreiro, tradutor
Ferrol, 24 de abril, 2019.
Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Ferrol
Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
24 de abril de 2019 13:23
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon