domingo, maio 12, 2019

Marea de Ferrol levou as súas propostas políticas ao barrio de Esteiro - Previsión de actividades de Marea de Ferrol para o luns 13 de maio.


PREVISIÓNS MAREA DE FERROL PARA O LUNS 13 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá luns 13 de maio.

Os primeiros días da semana que comeza percorreremos as diferentes parroquias da zona rural do concello, para dialogar sobre as diferentes prolemáticas que preocupan á súa veciñanza.

1. Ás 18:30 hh. teremos un encontro aberto en Covas, no local da súa asociación de veciñas (adxuntamos cartaz).

2. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde — en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.— como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

MAREA DE FERROL LEVA AS SÚAS PROPOSTAS POLÍTICAS AO BARRIO DE ESTEIRO


Onte, sábado 11 de maio, Marea de Ferrol estivo en Esteiro para dar a coñecer as súas propostas políticas á venciñanza do barrio.

Ademais de realizar un reparto entre as viandantes dunha pequena síntese das nosas propostas máis destacadas, Bernardo Lorenzo, Lucía Vizoso e Nicasio Malde falaron na Praza do Himno Galego ante todas as persoas que se achegaron ata alí.

Entre outros temas, destacouse a importancia de poñer por diante ás persoas en todas as accións políticas, con propostas como a implementación dunha Renda Mínima Municipal ou a posta en marcha dunha Cociña Municipal para todos os comedores do Concello que orfreza recursos orientados á soberanía alimentaria.

Nunca esquece Marea de Ferrol falar da participación como peza fundamental que marcará a nosa acción de goberno, unha participación cidadá imprescindible para construír democracia real, na que os orzamentos participativos con procesos regrados e dotación económica estable sexan base do traballo político.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
12 de maio de 2019 12:55
12 de maio de 2019 13:24

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon