PREVISIÓNS PARA O DOMINGO 12 DE MAIO
Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para mañá domingo 12 de maio.
1.Realizaremos durante mañán e tarde, un reparto de propaganda polo Inferniño.
3. Ás 19:30 hh. teremos un encontro aberto coa veciñanza na Praza de Porta Nova.
4. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.
MAREA DE FERROL PRESENTOU O SEU PROGRAMA ELECTORAL ABERTO
Hoxe sábado 11 de maio, ás 12.30 horas, Marea de Ferrol presentou o seu programa electoral tanto aos medios de comunicación como á veciñanza que se achegou ata o local electoral, sito na R/Dolores nº 20.
Lucía Vizoso, Bernardo Lorenzo e Bárbara Primo, compoñentes da candidatura veciñal que presenta Marea de Ferrol ás eleccións municipais do próximo 26 de maio, destacaron o carácter aberto deste programa, que foi elaborado nos últimos meses no seo da organización, mais está sendo contrastado coas diferentes aociacións, nomeadamente veciñais, coas que se leva reunindo nas últimas semanas.
Este programa electoral aberto, decorre por diversos ámbitos de traballo político, pero sempre atravesados polos eixos transversais que cimentan o noso proxecto político: a participación cidadá, incluíndo a transparencia e democratización das institucións, a xeración de emprego, a defensa dos servizos públicos, a cooperación coas institucións e asociacións, as políticas feministas ou a sustentabilidade ambiental. Todo isto, co obxectivo claro de incidir sobre o benestar das persoas, con especial atención ás máis vulnerables.
Durante a presentación, fíxose fincapé na necesidade de pensar a cidade a medio e longo prazo, e fuxir do curtopracismo no que as políticas desta cidade están instaladas. É fundamental para Marea de Ferrol comezar a establecer unha cultura da planificación e do diálogo coa sociedade para construír a cidade que queremos e facela avanzar. Queremos conformar un goberno de esquerdas a partir do día 26, en base aos elementos de acordo que nos poden unir con outras forzas políticas. A nosa pretensión é participar no cambio de rumbo das cousas, construír diálogo e traballar a carón da veciñanza na construción do futuro de Ferrol.
Así mesmo, Bernardo Lorenzo aclarou que Marea de Ferrol somos un proxecto político diferente a outros cos que se nos pretende asimilar. "Nós candidatámonos para ser unha emenda á totalidade a Ferrol en Común" -dixo-, "non somos parte dun espazo político compartido, somos un proxecto diferente, non temos nada que ver con Ferrol en Común, e moito menos temos que ver coas políticas profundamente conservadoras que estiveron levando a cabo nestes últimos catro anos. Doutras organizacións non é necesario dar explicacións sobre o que nos diferenza, pero aquí si queremos ser claras, porque ás veces se nos homologa, e non é así, pois daquela non existiríamos como candidatura".
O programa aberto de Marea de Ferrol estará accesible para a súa consulta, tanto por ámbitos de actuación como por eixos transversais, na súa páxina web www.mareadeferrol.gal
Achégase o programa xeral. | Acceder/Baixar.
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
11 de maio de 2019 14:41
11 de maio de 2019 16:16
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon