sábado, maio 11, 2019

O BNG de Ferrol presentou a súa candidatura de cara aos vindeiros comicios municipais - Vídeo


O BNG de Ferrol presentou a súa candidatura de cara aos vindeiros comicios municipais


O BNG de Ferrol presentou hoxe a súa canditatura de cara aos comicios municipais que terán lugar o vindeiro 26 de maio. No acto, que tivo lugar no auditorio de Afundación ás 20:00 horas, interviron nove das persoas que compoñen a lista do BNG, como Xoán López Pérez, María Rivera Filgueiras ou Xan Carlos López.

Tamén tomou a palabra o candidato á alcaldía, Iván Rivas, que incidiu durante o seu discurso nas declaracións realizadas nos últimos días polo resto de grupos políticos que loitan pola alcaldía da cidade. O nacionalista fixo refencia, por exemplo, ás verbas do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo. “A gran preocupación do presidente da Xunta é que Ferrol lle retirase o título de fillo adoptivo a un ministro franquista, e nos acusa de revanchismo. Pode ir a explicarlle o que significa revanchismo a todas as vítimas da ditadura”, afirmou.

Un PP que provocou xunto a FeC a maior desbandada de poboación da cidade nos últimos anos, 1.000 habitantes ao ano! E agora, despois de negarse a poñer coto á especulación (xunto ao PSOE e FeC), con propostas coma o aparcadoiro na praza de Armas para entregarllo a unha transnacional, fala de Ferrol como “ciudad de compras”. “Porque non lles chegou con denunciar ao BNG polas bandeirolas que colocan os nosos e nosas militantes (non empresas contratadas por un partido financiado con caixas B) que decidiron arrincalas eles”, apuntou Rivas.

O nacionalista fixo fincapé ademais nas constantes referencias do candidato socialista, Ángel Mato, ao consenso. “Pretende combater ao leviatán sen escrúpulos do PP con consenso. Por que será? (...) Non se entende falar de diálogo cando se pretende impoñer un convenio como o de Defensa que unicamente ten afán especulativo”, afirmou Rivas en relación á pretensión de construír 460 vivendas novas e un centro comercial no Sánchez Aguilera.

O voceiro do BNG de Ferrol afeou ademais a actitude de FeC esixindo a recuperación do edificio da vella Autoridade Portuaria. “Podía comezar por cobrarlle os impostos e taxas municipais que pagamos os demais. 0,7 M de euros ao ano que non pagan porque ninguén llo reclama; ou comezar tamén pola taxa de saneamento que aprobou co PP para rescatar EMAFESA”, indicou.

Rivas tivo verbas ademais de agradecemento ás persoas que o acompañan na lista coa que loitará pola alcaldía da cidade. “Estou rodeado de homes e mulleres libres, que deciden, que toman partido (...) eles son a vosa voz, a voz dos esquecidos”, indicou, interpelando aos presentes a que decidan que prefiren a partir do próximo 26 de maio. “Vivir nunha cidade chea de etiquetas. Onde nos din marque vostede a casilla, branco ou negro, vermello ou azul, dereitas ou esquerdas, un mundo ficticio creado na procura do escravo; ou vivir nunha cidade de persoas libres. Porque liberdade é dicir que non me da a gana de aceptar esta situación, porque sei que outra realidade é posible”, sentenciou.

Ferrol, 10 de maio, de 2019


https://youtu.be/cpOAISk5m8o

CANDIDATURA DO BNG FERROL MUNICIPAIS 2019


01 Iván Rivas Rico, Arquitecto, actual portavoz municipal
02 María do Mar López González, licenciada en Filoloxia Galego-Portuguesa e Mestrada en Patrimonio Cultural pola UDC
03 Roberto Montero Castrillón; Responsábel Local do BNG, delegado sindical na Industria auxiliar
04 Ana María Vérez Gómez, Administrativa
05 Xan Carlos López Pereira, Autónomo ligado ao mundo da hostalería
06 Antonia Martínez Díaz; Mestra, Secretaria Comarcal da CIG ensino
07 Santiago Moreda Pérez; autónomo, Membro da Directiva da A.V. de Canido
08 Maria Riveira Filgueiras, Presidenta da A.V.V. De Santa Mariña
09 Xoan Padín Hermida, mestre e músico
10 Maria Yañez Gato, Bibliotecaria na UDC
11 Xoan López Pérez, Funcionario da Xunta de Galiza,
12 Remedios Moreira Vales, Xubilada
13 Ramón Fernández Alfonzo, Secretario de Organización da CIG Ferrolterra
14 Rita Lazare Fouce, traballadora do CAMF
15 Celso Posada Fernández, Mestre e activista social
16 Ana López Pereira, empregada
17 Roberto López Suárez, mecánico, Delegado sindical na industria auxiliar de Navantia
18 Laura Maroto Lourido, autónoma
19 Jorge M. Deza Rey, Psicólogo, Historiador do Fútbol e do Racing de Ferrol
20 Tania Rei, empregada, membro da A.V.V. de Mandiá
21 Antonio Rendal Seoane, camareiro
22 Josefa Bra Fernández, Secretaria da A.V.V, de Brión
23 Jose Ramón López Carreira, Tesoureiro da A.V.V. de Santa Mariña
24 Luisa Sánchez Meizoso, bióloga
25 Xose Antón Múñiz Tenreiro, Presidente da Delegación Local de ADEGA
S1 David Galdo Canido, delegado sindical no metal
S2 Celsa Garcia Pérez, profesora xubilada
S3 F. Borxa Gonzalez Tenreiro, tradutor

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
10 de maio de 2019 18:08

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon