PREVISIÓNS
Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para mañán sábado 11 de maio.
1. Ás 12:30 hh. no noso Local electoral (Rúa Dolores, 20), presentaremos ante os medios de comunicación, o programa electoral.
2. Realizaremos durante mañán e tarde, un reparto de propaganda polo barrio de Esteiro e do Inferniño.
3. Ás 19:00 hh. teremos un encontro aberto coa veciñanza na Praza no Himno galego do barrio de Esteiro.
4. Asimesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañán e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.
ENTREVISTA COA A. VV. DE COVAS
A candidatura veciñal da Marea de Ferrol tivo unha entrevista coa directiva da A.VV. de Covas. Ademáis de explicar as nosas propostas relacionadas co ámbito da “zona rural” e con aqueles servizos que o concello debe prestar ao conxunto do territorio, puidemos recoller as demandas e preocupacións máis latentes da parroquia, que nos foron entregadas nun exhaustivo dossier.
Entre as cuestións máis importantes, sin dúbida, a solución ao saneamento e a necesidade dun Plan de dinamización do barrio que atenda a aspectos da cultura, o turismo, a hostelería, as festas… dentro dunha perspectiva de futuro que aborde alternativas para fixar poboación.
Abordamos multitude de aspectos, de moi diversa índole, que funcionaron mal ou simplemente non funcionaron nestes últimos anos.
Asimesmo puidemos comprobar unha grande sintonía á hora de entender que o futuro do territorio pasa por abordar unha reflexión informada e participada co conxunto dos actores sociais implicados, e coa idea de planear obxectivos de futuro realistas e consensuados pola veciñanza.
ENTREVISTA COA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
Tamén puidemos compartir conversa coa SGHN e coñecer a situación na que se encontra o Museo e, en xeral as instalacións da entidade en Canido. Soubemos das actividades en marcha e das diferentes problemáticas ás que se teñen que enfrontar ano tras ano, por mor da excepcionalidade da súa situación.
Neste sentido, avanzamos que a Marea de Ferrol defende a sinatura do Convenio con Defensa para, entre outras cousas, gañar un importante espazo verde e para completar e ampliar as instalacións do Museo.
Asimesmo, comunicámoslles a nosa intención de revisar e mellorar considerablemente as prestacións que reciben do concello, a través do Convenio de colaboración en vigor.
Entendemos que a importancia histórica desta sociedade en Ferrol, asi como a relevancia do Museo na cidade, ben merecen un trato porporcional por parte do concello.
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
10 de maio de 2019 19:35
10 de maio de 2019 19:38
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon