O, venres, 21 de xuño, ás 20:00 hh. no Centro Cívico de Canido, celebramos a nosa Asemblea Xeral.
Esta Asemblea, valorou moi positivamente a campaña electoral realizada, que serviu para facer visible o proxecto político e as súas propostas.
Asumiuse o resultado electoral que nos coloca fóra da institución local desde a autocrítica, e valoramos, entre os motivos máis relevantes os seguintes:
➤ Unha incapacidade propia para facernos ver con propostas e actividades concretas no día a día, máis aló dos períodos electorais.
➤ Unha percepción social negativa dos proxectos municipalistas que, no caso concreto de Ferrol, ten a súa orixe no nefasto goberno municipal dos últimos catro anos.
➤ Unha actitude non suficientemente belixerante cos nosos adversarios na esquerda.
➤ Un ciclo político que colocaba en situación de vantaxe ao PSOE como voto útil na esquerda.
➤ Un desgaste profundo da marca En Marea coa que estamos asociados.
Así e todo, quíxose valorar e agradecer de novo, o apoio das 683 persoas que nos deron o seu voto nesta ocasión.
A maneira en que abordaremos no futuro inmediato o traballo político ocupou a maior parte da reunión:
➮ Apostar por actividades que incentiven a participación veciñal.
➮ A activación real dos mecanismos recollidos no Regulamento de Participación Veciñal.
➮ A colaboración con entidades sectoriais de todo tipo.
➮ A realización de encontros temáticos para analizar con rigor temas de interese local.
➮ A proposta de alternativas políticas ao conxunto da cidadanía e mesmo ao goberno municipal, desde unha actitude tan construtiva como contundente…
Por último, valorouse positivamente que Ferrol conte de novo cun goberno de esquerdas, ao que lle desexamos todo o mellor.
Nós manterémonos á expectativa, agardando que se conforme ao redor dun programa progresista que se cumpra; e cun goberno sólido, compacto e duradeiro.
Por último decidiuse a data da seguinte Asemblea Xeral, que será o venres 19 de xullo.
Ferrol, 22 de xuño de 2019
A Coordenadora de Marea de Ferrol
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
22 de junho de 2019 13:20
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon