A auga, o saneamento e a depuración hai que paga-la e sanear a Ría non ten prezo. Que non se vertan á Ría, os millóns de litros de augas residuais que se viñan vertendo todos os anos, durante décadas, é un dos feitos máis importantes, positivos e relevantes acontecidos na Comarca. Mais non pode ser que a veciñanza teña que pagar un recibo moi por encima do custe real, por un período no que non se depuraba e máis a unha empresa mixta xestionada 100% pola súa parte privada (Socamex), para facer negocio co dereito humano á auga e ao saneamento. Para que isto non suceda, a xestión da auga e o saneamento tiña que ser 100% pública.
Emafesa está enviando aos fogares abonados, o recibo da depuración do período no que non se depuraba. Mesmo está pendente dun recurso de apelación no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Mais independentemente deste recurso, estes cobros están baseados nunha taxa inxusta, moi avultada, contrastado por esta Plataforma e recoñecido polos propios concellos de Narón e Ferrol e dous estudos independentes (OTIMA e EUDITA). Pagamos o recibo máis caro de toda Galiza. Non estamos de acordo con este recibo, non só por tratar-se do cobro dun período no que non se depuraba, senón que parte do mesmo, basea-se nun período (De xaneiro a agosto de 2015) no que nin había persoal contratado, nin conexión á rede eléctrica.
O 20 de agosto de 2018, o anterior alcalde, Jorge Suárez, aprobaba as liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados pola empresa xestora EMAFESA, polo servizo de “Depuración de augas residuais”, que inclúen os recibos correspondentes aos períodos dende o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017, un total de 5.602.606,34, con IVA, son 6.162.899,79 de euros os que se nos vai pasar a cobra á veciñanza (BOP da Coruña, Nº 172, do 10 de setembro de 2018). Xustificaba o ex-Alcalde que o facía porque senón Emafesa entraría en situación concursal por falta de liquidez nas súas contas.
Emafesa adiantou-se a unha posibilidade de negociar co novo goberno municipal, unha saída que non fora lesiva para a veciñanza. Está Plataforma ten solicitado unha reunión co Alcalde que agardamos sexa o antes posíbel.
Para informar á veciñanza, a Plataforma ten convocados unha serie de actos informativos por diferentes barrios do Concello:
➤ Mércores 26 de xuño, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Caranza. | Evento no facebook.
➤ Xoves 27 de xuño, ás 8 da Tarde no Centro Cívico de Canido. | Evento no facebook.
➤ Venres 28 de xuño, ás 8 da tarde, na Praza do Inferniño. | Evento no facebook.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon