domingo, xullo 21, 2019

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, organiza, o vindeiro martes 23 de xullo, ás 8 da tarde un novo Acto Informativo desta vez na Praza Vella, do barrio de Ferrol Vello, continuando coa campaña de 'Non Pagar' o recibo da 'depuración de augas residuais', dun período no que non se prestaba o servizo


A Plataforma organiza, o vindeiro martes 23 de xullo, ás 8 da tarde un novo Acto Informativo desta vez na Praza Vella, do barrio de Ferrol Vello. continuando coa campaña de "Non Pagar" o recibo da "depuración de augas residuais" que está pasando ao cobro durante estes meses (xuño e xullo) a empresa mixta de augas Emafesa, como atrasos, por un período no que non se prestaba o servizo e que á veciñanza de Narón non se lle esixe ese pago.

Como se xustifica que á veciñanza de Narón só se lles esixa o pago da "Taxa de Depuración das Augas Residuais" desde o 3 de abril de 2017 e pola contra á veciñanza de Ferrol se lles esixa o pago de 31 meses máis, desde o 1 de setembro de 2014? Tendo os dous concellos o mesmo sistema de saneamento e depuración (Depuradora, Impulsora, Interceptores, colectores xerais, tanques de tormenta,..) e conectados ao sistema o mesmo día, o 3 de abril de 2017.

Se nos está exixindo o pago de 7.129.145,59 de euros (Co 10% de IVA incluído), máis que á veciñanza de Narón.

Desde a Plataforma seguimos manifestando que ten que haber outra solución que non sexa o saqueo á veciñanza de Ferrol. E por iso solicitamos unha reunión co Alcalde de Ferrol, para a entrega dun dossier e propoñer-lle un calendario de reunións, tamén coa presencia das asociacións veciñais, para solucionar esta situación.

Puntos de Información da Plataforma no mes de Xullo:

A Plataforma está montando unha serie de Puntos de Información, para toda a veciñanza, durante este mes de xullo, son tres puntos, polas mañás con horarios de 10 a 12. En Caranza, O Inferniño e Canido, onde calquera veciña ou veciño se pode informar das dúbidas que teña ao respecto, e mesmo levar os recibos. Tamén dispoñemos dun teléfono, para quedar en persoa, co obxectivo de disipar ás dubidas legais que se tiveran, ao respecto das consecuencias de non pagar.

💧 ➤ Os martes, de 10 a 12 do mediodía, no Centro Cívico de Caranza.

💧 ➤ Os mércores, de 10 a 12 do mediodía, no local da Asociación Veciñal 'O Rosario' do Inferniño (Quiosco da parada de taxis, entre a estrada de Castela e a Praza).

💧 ➤ Os xoves, de 10 a 12 do mediodía, no Centro Cívico de Canido.

Teléfono de contacto para asuntos legais en relación ao non pago do recibo, de xeito gratuíto, só se dá información presencial: 656 92 07 63 (Guillermo Roca).

PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT
_____


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon