A Plataforma organiza, este martes 9 de xullo, ás 8 da tarde un novo Acto Informativo desta vez na Praza de Sevilla, do barrio de Recimil. cotinuando coa campaña de "Non Pagar" o recibo da "depuración de augas residuas" que está pasando ao cobro durante estes meses (xuño e xullo) a empresa mixta de augas Emafesa, como atrasos, por un período no que non se prestaba o servizo e que á veciñanza de Narón non se lle esixe ese pago.
As liquidacións que asinaron no seu día, tanto José Manuel Rey Varela, como Jorge Suárez, supoñen o cobro á veciñanza de Ferrol de 7.129.145,59 de euros. Queren cobrar-nos 31 meses de "Depuración de Augas Residuais" sen se prestar ese servizo. O servizo comezou cando se conectaron os interceptores o 3 de abril de 2017, antes o 98,5% das augas residuais ían directas á Ría e o 1,5% que se bombeabam até a depuradora de Prioriño ía directas ao mar sen depurar. Como se xustifica que á veciñanza de Narón só se lles cobre a Taxa de "Depuración de Augas Residuais" desde o 3 de abril de 2017 e pola contra á veciñanza de Ferrol se lles esixa o pago de 31 meses máis, desde o 1 de setembro de 2014? Se nos esixa o pago de 7.129.145,59 de euros (Co 10% de IVA incluído). E os dous concellos co mesmo sistema de saneamento e depuración (Depuradora, Impulsora, Interceptores, colectores xerais, tanques de tormenta,... e conetados o mesmo día, o 3 de abril de 2017). Ten que haber outra solución que non sexa o saqueo á veciñanza de Ferrol. Un mal goberno de J. M. Rey Varela e outro mal goberno de Jorge Suárez, coa complicidade de Emafesa e Augas de Galicia, levaron-nos a esta situación. Agardemos que non volva un mal goberno, e este aborde este difícil conflito con dedicación, transparencia e participación. Cando nos reunamos con Mayte Deus e o Alcalde Angel Mato (Agardemos que este o Alcalde) , esta vai ser unha das preguntas que lles fagamos,
Puntos de Información da Plataforma no mes de Xullo:
A Plataforma organizou unha serie de Puntos de Información, para toda a veciñanza. En concreto durante este mes de xullo, serán tres puntos, polas mañás con horarios de 10 a 12. En Caranza, O Inferniño e Canido, onde calquera veciña ou veciño se pode informar das dúbidas que teña ao respecto, e mesmo levar os recibos. Tamén dispoñemos dun teléfono, para quedar en persoa, co obxectivo de disipar ás dubidas legais que se tiveran, ao respecto das consecuencias de non pagar.
💧 ➤ Os martes, de 10 a 12 do mediodía, no Centro Cívico de Caranza.
💧 ➤ Os mércores, de 10 a 12 do mediodía, no local da Asociación Veciñal 'O Rosario' do Inferniño (Quiosco da parada de taxis, entre a estrada de Castela e a Praza).
💧 ➤ Os xoves, de 10 a 12 do mediodía, no Centro Cívico de Canido.
Teléfono de contacto para asuntos legais en relación ao non pago do recibo, de xeito gratuíto, só se dá información presencial: 656 92 07 63 (Guillermo Roca).
PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol | Twitter: @municipalizarFT
Enviado por:
Plataforma Remunicipalizacion
-remunicipalizacion.plataforma@gmail.com-
8 de julho de 2019 19:07
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon