luns, xullo 01, 2019

CCOO inicia en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas - O mércores 3 de xullo, de 12 a 13 horas, concentración diante de MC Mutual


O mércores 3 de xullo, de 12 a 13 horas, concentración diante de MC Mutual


CCOO inicia o mércores en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas

A Federación de Industria de CCOO inicia en Ferrol unha campaña contra os abusos das mutuas. O sindicato desenvolverá nas próximas datas un proceso de visualización de todas as eivas detectadas, acompañado de mobilizacións. O primeiro paso será o mércores, 3 de xullo, cunha concentración que terá lugar entre as 12 e as 13 horas diante de MC Mutual (avenida da Paz nº 33, Ferrol).

Comisións Obreiras denuncia a xestión que fan as mutuas das competencias que teñen sobre a saúde no ámbito laboral. O baixo recoñecemento de enfermidades profesionais e as dificultades que atopan as persoas traballadoras para o axeitado recoñecemento de accidentes de traballo, especialmente in itinere (os rexistrados entre a saída da casa e o centro de traballo e viceversa).

Segundo o sindicato, isto está a ocasionar graves problemas socias, pois considerar continxencia común o que realmente é unha enfermidade ou accidente profesional, prexudica tanto a persoa traballadora como o sistema público. No primeiro caso, porque as prestacións que se perciben, sexan por baixa médica ou xubilación anticipada por enfermidade, poden ser menores debido á incorrecta categorización da doenza ou sinistro. Xa no segundo, prodúcese unha fraude á seguridade social, obrigando o sistema público a asumir un gasto que lles correspondería ás mutuas.

Outro problema é a distorsión das estatísticas, pois esta infradeclaración dificulta o control e seguimento de onde se están a producir as enfermidades e accidentes de traballo, complicando o traballo en materia de prevención. Algo que non existe, non se pode corrixir.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia e a Secretaría de Saúde Laboral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia detectaron xa moitos casos de mal funcionamento das mutuas:

➮ xestión indebida de altas médicas;
➮ aceleración dos procesos de alta;
➮ presión nos casos de continxencias comúns;
➮ xestión irregular en riscos para o embarazo;
➮ sinalar unha inadecuada relación entre os problemas de saúde con doenzas dexenerativas ou pola deterioración das capacidades en función da idade.

CCOO aposta por un maior control público sobre as mutuas, xa que son entidades colaboradoras coa seguridade social que, en teoría, carecen de ánimo de lucro e deben que velar pola protección saúde da clase traballadora.

Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
1 de julho de 2019 18:57

___________

Enlaces relacionados

Unión Comarcal de Ferrol:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:Unions_Territoriais:Ferrol

SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/

Federación de Industria de CCOO:
http://www.industria.ccoo.es/Galicia

Confederación Sindical de Comisión Obreiras:
https://www.ccoo.es/
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon