Celebrou-se, cunha alta participación da veciñanza, o terceiro acto informativo da Plataforma, sobre o recibo da depuración das augas residuais.
A indignación aumenta entre as veciñas e veciños de Ferrol, desta vez foi no barrio do Inferniño, ante a constatación de que se está cometendo unha fraude que non deixa de confirmar-se. Non se pode pagar por un servizo que non se prestaba.
Os servizos hai que paga-los, e máis un saneamento e unha depuración tan importantes para Ferrol, non só pola recuperación para o medio das augas residuais e a protección do medio ambiente, senón porque a Ría o necesitaba e as consecuencias do non vertido á Ría, son notorias e xa as gozamos. Mais outra cousa é a fraude que se quere cometer co paso a cobro dun recibo por un período no que non se depuraba, pois non se prestaba o servizo. Emafesa non pode cobrar por unha depuración que non realizou. Como se xustifica que coa mesma depuradora supramunicipal, o mesmo sistema de saneamento, os mesmos interceptores, colectores e tanques de tormenta, a mesma data de conexión ao sistema (4 de abril de 2017) a veciñanza de Ferrol teña que pagar 31 meses máis de "depuración de augas residuais" que a de Narón.
O recibo que non hai que pagar:
Para comproba-lo só hai que mirar, na parte central do recibo onde sobre unha franxa negra, con letras brancas di:
FACTURACIÓN SERVIZO DEPURACIÓN.
É un recibo único con dous conceptos: Depuración Cota Servizo e Depuración Cotas Variable por Consumo.
Documentos de interese:
⏩ Folla Informativa de Emafesa que achega co Recibo. | Acceder/Baixar.
⏩ Recibo que está enviado Emafesa para pasar ao cobro. | Acceder/Baixar.
Ferrol, a 29 de xuño de 2019
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |
Correo-e:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Blogue:
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon